Ante os últimos comentarios aparecidos no día de onte máis hoxe nos diversos foros de camarinas.eu, esta redacción quere deixar claro unha serie de puntos:
  • 1-Camarinas.eu non tolerará en absoluto ningunha ameaza nin insulto nas súas páxinas dirixidas contra persoas ou diversos colectivos de cidadáns.
  • 2-Aqueles que as escriben deben saber que contan co rechazo total desta redacción, e no caso de volver a producirse non dubidaremos en condenalas de forma TAXANTE, procedendo a borralas o máis axiña que nos sexa posible.
  • 3-Os ollos de toda Galicia están posados neste intre sobre Camariñas:é o momento de dar un exemplo de civismo e cidadanía sabendo comportarnos e demostrando os demáis que o noso pobo sabe leva-la súa dor con tranquilidade e paciencia.
  • 4-Con bravuconadas, ameazas e insultos non axudamos en nada a Felipe, Carlos e Manuel. O único que importa agora e que volten a casa o máis axiña posible, dando unha imaxe de salvaxismo só lle damos argumentos a todos aqueles que queren velos en prisión.
  • 5-Non podemos olvidar que España é un Estado de dereito e, por moi incomprensibles que nalgunhas ocasións poida ser as súas actuacións, debemos confiar en que os Tribunais de Xustiza finalmente darán unha solución adecuada a esta situación, liberando a tres humildes mariñeiros camariñáns.
  • 6-Por iso camarinas.eu chama a tódolos cidadáns camariñáns a actuar con prudencia, tolerancia e intelixencia, respetando as opinións adversas e competindo con elas só no terreo das ideas, como demostrou esta redacción nas súas polémicas con diversos medios autonómicos. O insulto, a ameaza e a violencia danan de forma irreparable a causa da familia Lin, que é a causa de todo un pobo, e contan ca CONDENA TOTAL, ABSOLUTA E TAXANTE de camarinas.eu.

 
Camariñáns, demos exemplo.

Engadir un comentario