Entrevista a Tony Garcia, adestrador do Conservas Boya

Volcados por igual cos principais equipos camariñáns de fútbol e balonmán, esta semana a entrevista de Claves Deportivas está adicada ao entrenador do Club Balonmán Camariñas Tony García o cal achegouse polas oficinas centrais de camarinas.eu na tarde deste mércores 19 de setembro de 2007 e respondeu cordialmente ás inquisitivas preguntas que lle fixeron os redactores do principal diario on-line camariñán. ...

Fisterra 2 Camarinas 0

O Camariñas conta as súas derrotas por partidos Reportaxe fotográfica do partido Fisterra - Camariñas  O Fútbol Club Camariñas volveu perder esta vez ante o Fisterra nun partido onde acusaba moitas baixas. O resultado foi de 2 a 0 a favor dos fisterráns. Estamos a facer a crónica deste partido ademáis de unha completa reportaxe fotográfica. Nunhas horas poderás ver todo publicado. Por outro lado o Porteño da Ponte do Porto gañou ao Malpica por un tanteo de 3 a 1 e os veteranos volveron perder 4 - 2. ...

Cronica completa do CEE CAMARINAS

O árbitro, decisivo na derrota do F.C. Camariñas Sergio, desesperado ante a actitude do colexiado, laméntase no chan Ante todo, camarinas.eu descúlpase ante os seus lectores polo retraso na publicación da crónica completa do partido Cee - Camariñas debida a problemas técnicos que non poideron ser resoltos ata última hora por esta xoven redacción. Unha vez presentadas formalmente as desculpas acometemos a crónica dun intenso partido que ven marcado por unha arbitraxe en entredito debido ás súas nefastas decisións cara o equipo camariñán. ...

Luis Rodriguez Luaces, redactor de deportes de camarinas.eu

En camarinas.eu seguimos a presentar os redactores que fan posible que en só trinta días, pulverizando tódolos records, con máis de seiscentos ordenadores conectados día tras día, a nosa web se convertirá na principal do Concello de Camariñas. É vontade desta redacción que cada semana desfile pola sección "Claves deportivas" un dos principais persoeiros do mundo deportivo camariñán. Despois de que na semana pasada entrevistáramos ao entrenador do Camariñas F.C. Antonio Méndez Bermúdez, o mítico ex-xogador Tono do Atlántico, esta semana tócalle o turno o que será o redactor-xefe da sección de deportes: o tamén ex-xogador do Camariñas F.C. e...

Xornada 1: Baio 2 - FC Camarinas 0

 Paso atrás nas aspiracions de crear un Camariñas grande A crónica do partido de camarinas.eu Un Baio superior pasa por enriba dun Camariñas desnortado nos comezos da segunda metade. Físicamente afundido no tramo final do partido. Bastaron os dous primeiros minutos da segunda metade para sembrar serias dúbidas sobre o futuro do Camariñas nesta temporada. En dúas xogadas a balón parado un Camariñas que psicolóxicamente aínda estaba no vestuario, deixouse perder o partido frente a un Baio todo oficio. Física e tácticamente moi superior. ...