Primeiro partido da pretempada do F.C. Camarinas en Muxia

Este Domingo 12 de Agosto xogan contra o Muxía C.F. na Vila da Barca. O F.C. Camariñas comeza a pretempada desprázandose ata Muxía para xogar un encontro amigable contra o Muxía. Ao remate do partido incluiremos unha reportaxe fotográfica de todo o partido e tamén informaremos de todas as novidades que presente o equipo de Tono do Atlántico. ...

Video Recopilatorio con xogadas de Tono do Atlántico

Homenaxe a un do mellores xogadores que saíu de Camariñas. Xa podes ver na web de Camariñas un video recopilatorio con algunhas das mellores xogadas de Tono do Atlántico cando xogaba no Laracha en 3ª División. Algunhas destas xogadas son propias dun xogador de máximo nivel. Hai un gol que marcou Tono que se o marca Ronaldinho temos que velo na tele todos os días... Desexámoslle toda a sorte do mundo na nova empresa na que se embarcou: Adestrador do Mítico F.C. Camariñas. Este video foi recopilado polo propio Tono e nel podemos ver tamén a outro xogador de Camariñas...