OAR Coruña 27 - 23 CB Camariñas Conservas Boya

Derbi provincial que rematou coa sensación, como últimamente vén acontecendo, de que se nos escaparon 2 puntos ante un rival que nin foi superior. Sí que foi máis intelixente i efectivo en momentos claves facendo inclinar o partido para o seu lado. Comezou igualado o encontro ata o minuto 20 no que os locais dispoñían da maior renda (14-8), reaccionando nese intre (coincidindo coa entrada dos aficionados camariñáns Boya Blues), para irse ao descanso 14-12. ...

FC Camariñas vs CD Baiñas: o partido decisivo para lograr á permanencia

Chega finalmente o encontro máis importante dos derradeiros anos na historia do FC Camariñas. Os chavales de Tono enfróntanse este domingo 4 de marzo ás 17:00 no Hermanas Patiño a todo un aspirante ao título ata fai ben pouco como era o Baiñas. O FC Camariñas xógase todo a unha carta ante este sorprendente conxunto soneirán, segundo na táboa clasificatoria, e os nosos deberán ter o apoio incondicional de toda a gran afección futboleira camariñana para tratar de levarse os tres puntos. O destino do Camariñas só ten dous camiños posibles neste encontro: si o equipo da vila das palilleiras...

Camariñas Conservas Boya 24 - 31 UF Lavadores

Derrota na casa nun partido condicionado pola plaga de lesións. Empezou moi forte o Lavadores índose no marcador de ata 8 goles (7/15) no min 18. Un cambio de sistema defensivo fixo reaccionar aos locais chegando ao descanso 15/19. Moitos goles encaixados para un equipo basado na defensa. Saíu mellor o equipo na segunda parte conseguindo poñerse 1 arriba no min 45. Nese intre tivemos varias oportunidades para abrir brecha pero non fomos capaces. ...

Vibrante xornada futbolística do FC Camariñas

Complícanse un pouco máis a vida os nosos chavales do equipo senior do FC Camariñas despois de traer de Zas unha dolorosa derrota contra un dos equipos que terán que loitar ata o final por esa tan desexada permanencia. Aos de Tono agardanlle agora dous partidos complicados nos que se terán que enfrontarse primeiro ao Baiñas, segundo na clasificación, e despois ao LIra que tamén anda ahí a poucos puntos do FC Camariñas. Todo por decidir aínda para os nosos. Esperemos que veñan pronto os resultados positivos. ...

BM Academia Octavio 26 - 26 CB Camariñas Conservas Boya

Desplazamento con moitas baixas (fomos 9 xogadores sanos e 1 lesionado) e no que se nos antoxaba difícil sacar algo positivo. Pero a resposta dos rapaces foi de 10, ante un dos galos da categoría. Sempre por detrás no marcador pero sin deixar escapar ao rival a máis de 2-3 goles. ...