Camariñas Conservas Boya 22 - 29 AD Xiria de Carballo por Moncho Canosa

Derbi comarcal moi esperado e disfrutado por toda a xente do balonmán, como se puido ver nunhas bancadas a revosar. O partido caeu do lado carballés, un conxunto máis acostumbrado a este tipo de partidos e cunha plantilla máis compensada e amplia, e no mellor momento da tempada. Colleu o Xiria unha ventaxe importante ao pouco de comezar o duelo que fixo que tiveramos que remar a contracorrente o resto do partido. ...

Da comezo o programa "O Mar na Escola 2018" do Concello de Camariñas

Esta semana daba comezo o exitoso programa do Concello de Camariñas "O Mar na Escola". Unhas actividades pioneiras en Galicia e promovidas dende a Concellalía de Deportes de José Manuel Canosa Campaña e que tratan de levar aos colexios unha serie de deportes náuticos como a vela lixeira ou o kayak entre outros tendo unha gran aceptación entre o alumnado de todos os centros educativos do concello. Este ano participan de novo o IES Pedra da Águia con 26 nenos, o CEIP da Ponte do Porto con 25 nenos e finalmente o CEIP O Areal de Camariñas con un total...

Continúan os recoñecementos á Escola de Fútbol do FC Camariñas

Se na categoría senior o río baixa totalmente revolto e todo apunta a que, se non cambia a tendencia, a próxima temporada o Camariñas xogará en terceira rexional (o nunca visto), todo o contrario acontece na Escola de Fútbol do FC Camariñas que non para de dar boas novas. Desta volta temos que dar constancia da elección por parte do corpo técnico encargado da Selección de FS da Costa da Morte de ata catro rapazas do Concello de Camariñas destinadas a formar parte deste combinado. De entre estas atléticas féminas podemos atopar tres futoblistas que pertencen á categoría alevín da...

O FC Camariñas perde contra o Baiñas e entra na zona de descenso a 3ª Rexional

Malos tempos para a afición do FC Camariñas. Como acertadamente pronosticara Camarinas.eu este sería o partido máis importante en moitos anos do equipo da vila das palilleiras. E vaia se o foi, xa que de un plumazo os chavales do FC Camariñas puxeron medio pe en terceira rexional e xa non dependen de si mesmos para salvar a categoría. Este domingo púxose de manifesto a peor das opcións que poderían resultar do encontro que os nosos desputaban co Baiñas e, aínda que despois dunha boa primeira metade, os rapaces de Tono colleitaban unha dura derrota que os sume no abismo...

OAR Coruña 27 - 23 CB Camariñas Conservas Boya

Derbi provincial que rematou coa sensación, como últimamente vén acontecendo, de que se nos escaparon 2 puntos ante un rival que nin foi superior. Sí que foi máis intelixente i efectivo en momentos claves facendo inclinar o partido para o seu lado. Comezou igualado o encontro ata o minuto 20 no que os locais dispoñían da maior renda (14-8), reaccionando nese intre (coincidindo coa entrada dos aficionados camariñáns Boya Blues), para irse ao descanso 14-12. ...