Xornada do 27/01/2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas

Moi Boa xornada a deste fin de semana para a Escola de Fútbol do FC Camariñas. Os rapaces da canteira do equpo da Vila das Palilleiras caseque lograron o pleno de victorias nunha intensísima semana no que podíamos destacar a gran victoria dos nsosos alevíns diante do Carnota por 6 a 2. Tamén resaltar a contundente victoria dos prebenxamíns que se estreaban na competición oficial por un total de 10 a 0 contra un Seaia que comezaba a súa andadura nesta categoría. E xa sen tempo de descansar comeza outra xornada de fútbol sala par os pequenos do FC Camariñas cunha...

BM Base Oviedo 33 - 20 Camariñas Conservas Boya

Partido de luces e sombras. Malos inicios en cada parte lastraron o resto do encontro, xa que tivemos que ir a contracorriente desde o 4-0 inicial (17-13 ao descanso). Boa defensa en posicional e combinación de bos ataques combinativos con desastrosas pérdidas de balón que propiciaban as contras dos locais. Outra mala saída do vestiario na 2a metade fixo irse aos locais de 8 no minuto 41 e a partir de ahí reparto de minutos aos menos habituales e xuvenís ...

Nenos da escola de fútbol do FC Camariñas na selección da costa

Vamos con outro recoñecemento á canteira do FC Camariñas. Despois do chamamento por parte do RC Deportivo da Coruña ao camariñán Mateo Sar na temporada pasada é agora a selección da Costa da Morte a que se fixa na exitosa sección base do FC Camariñas. Na tarde deste domingo 27 de xaneiro de 2019, catro xogadores do equipo benxamín da Escola de Fútbol do FC Camariñas tiñan unha cita futbolística na vila de Corcubión despois dun intenso fin de semana de fútbol en Camariñas. O motivo deste desprazamento era nin máis nin menos que o chamamento por parte da dirección técnica...

Resumo da xornada da Escola de Fútbol do FC Camariñas: Os prebenxamíns comezan a liga regular

Comezamos unha nova serie deportiva nesta web que terá como cometido dar a coñecer ao gran público deportivo tanto os resultados coma as noticias relevantes da Escola de Fútbol do FC Camariñas. Os nenos e nenas do Camariñas tiveron unha xornada pasada por auga e frío neste derradeiro fin de semana do 19 de xaneiro de 2019 e conseguiron dispares resultados ante duros adversarios que vos adxuntamos ao final desta noticia. Como noticia destacada apuntar que os bravos prebenxamíns do FC Camariñas comezan este próximo fin de semana a súa respectiva liga regular, xa que ata o de agora tan...

Calendario oficial 2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas

Pois outra vez máis ahí andan as nais e pais da Escola de Fútbol do FC Camariñas tirando de imaxinación e conseguindo cada día que pasa máis logros para beneficio dos diferentes equipos dos seus pequenos. Cun traballo calado, serio e continuo conseguiron que este soño que foi as categorías inferiores do FC Camariñas se convirta nunha verdadeira realidade como o é a Escola de Fútbol do FC Camariñas. Ao último éxito obtido coa creación doutro equipo de fútbol sala de benxamíns hai que sumarlle agora unha iniciativa única no fútbol base da Costa da Morte: a creación do Calendario...