- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 28 Xaneiro 2009 28 Xaneiro 2009

Campeonato de Pesca da Asociación de Empresarios
Hai pouco máis de un mes, con motivo da impresionante captura de varias lubinas xigantes polo noso amigo Arturo de Genucha en Reira, camarinas.eu recomendaba publicitar a pesca deportiva como un dos grandes alicientes para atraer o turismo cara o noso Concello. Pois ben, a Asociación de Empresarios de Camariñas fíxose eco da reflexión saída da web líder da Costa Atlántica e xa está a preparar os últimos flecos do que será un concurso de pesca multitudinario no que se prevé que participe un gran número de pescadores de toda a provincia da Coruña. O lugar elexido non podía ser outro que a zona de Reira, dende a Pedrosa ata a Punta do Boi, que sen dúbida algunha é un dos mellores sitios de pesca deportiva de toda Galicia.
Hai pouco máis de un mes, con motivo da impresionante captura de varias lubinas xigantes polo noso amigo Arturo de Genucha en Reira, camarinas.eu recomendaba publicitar a pesca deportiva como un dos grandes alicientes para atraer o turismo cara o noso Concello. Pois ben, a Asociación de Empresarios de Camariñas fíxose eco da reflexión saída da web líder da Costa Atlántica e xa está a preparar os últimos flecos do que será un concurso de pesca multitudinario no que se prevé que participe un gran número de pescadores de toda a provincia da Coruña.
O lugar elexido non podía ser outro que a zona de Reira, dende a Pedrosa ata a Punta do Boi, que sen dúbida algunha é un dos mellores sitios de pesca deportiva de toda Galicia. Ademáis os premios son moi atractivos para os participantes con un total de 1800 € para repartir entre os gañadores (800 euros para o primeiro clasificado, 600 para o segundo, 400 para o terceiro e 200 para o cuarto).
Comentarios
Enhoraboa o seu pescador.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.