4 1 1 1 1 1 Rating 4.00 (16 Votes)

 Paso atrás nas aspiracions de crear un Camariñas grande

A crónica do partido de camarinas.eu
A crónica do partido de camarinas.eu

Un Baio superior pasa por enriba dun Camariñas desnortado nos comezos da segunda metade. Físicamente afundido no tramo final do partido. Bastaron os dous primeiros minutos da segunda metade para sembrar serias dúbidas sobre o futuro do Camariñas nesta temporada. En dúas xogadas a balón parado un Camariñas que psicolóxicamente aínda estaba no vestuario, deixouse perder o partido frente a un Baio todo oficio. Física e tácticamente moi superior.

Sesiño recibindo unha tarxeta amarela
Sesiño recibindo unha tarxeta amarela

O partido non comenzou mal para un Camariñas que xogou de ti a ti ao Baio mentras as forzas físicas aguantaban. Así é de subliñar unha ocasión de Brais Casal tivo a finais da primeira metade nun balón cruzado que saíu lambendo o pau dereito. Ahí acabou o Camariñas.
No primeiro minuto, cunha alarmante falta de concentración de algúns xogadores da defensa un remate a pracer dun dianteiro do Baio subía o 1 a 0 para o Baio ao marcador. Ao minuto seguinte, sen repoñerse aínda do mazazo chegou o segundo gol: saque de falta, boa parada de Marcos de Chano, o balón queda morto na area pequena, a defensa queda mirando o balón, e o máis listo da clase (o dianteiro do Baio) anota libre de marca. Quedaba o partido sentenciado.
Despois chegaron os cambios que non aportaron nada. Tan só unhas xogadas esporádicas de Pedro "Buxa" e outra de Brais, que so diante do porteiro tirou o balón fora, foi o único que fixo o Camariñas para intentar nivelar o marcador.

Claves do Partido

  1. O oficio dun Baio que se limitou a esperar os erros do rival
  2. A súa superior forma física
  3. A falta de concentración de algúns dos xogadores do Camariñas.

O millor do F.C. Camariñas

Image

Valerio:

A nova fichaxe do F.C. Camariñas para esta temporada, o central coruñés Valerio, cuaxou un gran partido en liñas xerais ata que caeu lesionado no minuto 18 da segunda parte. Serio, contundente, ben posicionado no centro da defensa, este xogador coruñés "está chamado a ser o motor" do Camariñas este ano. A partir da próxima semana o mellor xogador a xuizo da redacción de deportes de camarinas.eu comentará brevemente ante as nosas cámaras as súas impresións sobre o partido.

 

Ficha técnica 


Campo municipal de Zas:  Media entrada. Seis da tarde.
Estado do céspede: Sintético
Climatoloxía: Nubes e claros con forte vento do nordeste.

Alineación do F.C. Camariñas

  • Marcos de Chano
  • Nico de Ventomar, Valerio (Mejuto, min. 63), Yago Sestayo, Darío de Braño
  • Sesiño (Martelo, min.55), Tono Moriño, Álex de Coruña, Brais Snack, Brais Casal
  • Pedro Buxa

Comentarios   

sergio
+1 # sergio 03/09/2007 21:45
non nos demos por vencido tan pronto e apoyemos os nosos xogadores,hai q acoplarse o novo adestrador e cos partidos iremos miyorando.non vos vir abaixo q vamos a por todas.
Responder | Denunciar ante o administrador
gallegiño
+1 # gallegiño 03/09/2007 21:55
nn se hai q dar por vencido hai q insistir e tamen hai q mellorar.veña q o camariñas haber si qeda 1º en algunha liga nos senior , nos juveniles ou nos cadetes A POR TODAS
Responder | Denunciar ante o administrador
Mundobit
+1 # Mundobit 04/09/2007 11:26
O camariñas tubo mala suerte de cara o gol.
Si e verdade que salimos moi despistados na segunda parte, pero eu opino que ca mitad ocasions que tubemos durante todo partino outro dia calquera marcariamos 3 ou 4 goles.Paciencia , pois se está traballar moito e os resultados chegaran.
Responder | Denunciar ante o administrador
Burían
-1 # pero a ver ohBurían 05/09/2007 00:14
home home.superior fisica e tacticamente, hai que levar libreta o campo que despos olvidámonos das cousas .a ver resulta que dis que \"o camariñas deixouse perder o partido\" ¿lojo un equipo superior necesita que o axuden a janar?creo que non se esta a comentar o partido real. a ver, eu creo que o partido non foi o que se conta n páxina. creo mais ben todo o contrario. o camariñas foi superior o baio en aspectos, como o control da pelota, non lle deixou penetrar na area, non lle deixou disparar a porteria dende fora, e todos os pases en profundidade ou os cortabamos ou os perdian, no medio campo fomos superiores menos en 15min despois de que nos meteran os goles pero nada mais,asi que de superior nada.esto foi por que o camariñas estivo ben colocado no campo salvo cando perdímolos nervos por nos meteren dous goles por dous despistes despois de estarmos todo o partido facendo ocasións.porque aqui contase unha pero brais casal tivo outra na primeira parte, unha falta sacada por brais que apiques de rematar etivo pedro, alex tiro de falta que para o porteiro con apuros, o outro brais que lle sacan unha baselina un defensa, pedro na segunda parte, outra de Brais que o porteiro inda hoxe non sabe como parou a contra pe, e brais por duas veces, o que eu che dija hai que levar libreta...por suposto non todo foi ben,faltounos concentración nos goles recibidos, non supemos sobrpoñernos e vímonos a baixo dando por perdido o encontro cando había tempo pra remontar, non e que estiveramos mal físicamente, e temos que materializa-las ocasións que de nada sirve crear e non marcar.pero hai que ter en conta que somos un equipo novo tense que acoplar, e fixo unha boa pretemporada onde se viron boas cousas, non desesperar que esto parece o marca, xuster non valia pa nada na pretemporada, e ahora e o mellor entrenador que de españa .por ultimo aljun mellor que quede na casa, porque hai que darse conta de que as veces tamos representando a unha entidade e a un pobo, que despos pensan que todos somos iguales hai que ter un pouco de educación e de sentido xa che botaron fora dunha institución por ser asi.
Responder | Denunciar ante o administrador
sergio
+1 # sergio 05/09/2007 16:32
por quen vai eso ultimo?a quen votaron dunha institucion por non ter educacion?veña burian conta todo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # Mikel 06/09/2007 14:36
perder co baio non e paso atras,o tema do cansancio,e normal,se a xente non pode adestrar todo o que o seu tecnico quixera,pero por traballo e distancias,semp re foi asi,o que si hai que intentar e gañar os partidos da casa,e puntuar fora cando se poda,de momento e pronto para ver o camariñas q a todos nos gustaria,a filosofia da directiva tamen cambiou nos ultimos anos,ahora toca ir a pola canteira,weno,c ando teñamos a herba sintetica,un saudo
Responder | Denunciar ante o administrador
el 7
+1 # kampeonsel 7 20/09/2007 00:11
etse ano os juveniles do kamariñas ganaran a liga eso digovolo eu!!!!!!!!!! aupa kamariñas!!!!!! !!!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador