- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 19 Xaneiro 2009 19 Xaneiro 2009
O Cartagena de Juanillo a un punto do líder de 2ªB

Juanillo, o noso querido Juanillo, o mellor xogador que dou esta Costa da Morte e que sigue na élite do fútbol nacional deste pais mándanos como redactor deportivo de camarinas.eu a crónica do partido que enfrentou ao F.C. Cartagena contra o Atletico de Madrid B. Neste encontro (no cal o noso veciño oficiou de capitán de todo un equipo de 2ªB) outra vez poidemos ver unha victoria moi sufrida do Cartagena que se acerca un pouco máis ao Leganés ata estar só a un punto do liderato. Pulsa na imaxe para ver a crónica que nos manda "O Mago de Corea" en exclusiva para camarinas.eu. Gracias fenómeno!! Ti si que eres o máximo!
CARTAGENA 1-0 AT MADRID B

Victoria sufridísima a consejida o domingo pola mañán diante do filial Madrileño, pois tan solo iban 5 minutos de partido e expulsáronos a un xojador por ajredir a un contrario, o árbitro non vio nada nin o linier que estaba serca pero o outro linier que estaba a 50 metros chamou o árbitro e expulsou a Mariano Sánchez que nada tiña que ver ca historia, pois efectivamente parese que un compañeiro noso soltou o codo pero non Mariano que nada tiña que ver ca xojada en cuestión.
Mal se presentaba o asunto pois faltaban ainda 85 minutos e éramos un home menos e todo paresia indicar que non íbamos a janar,pero nada de eso,o equipo luchou como nunca e o filial do at de Madrid non nos chejaba a porta,e nunha xojada faltando 10 minutos de Nano que rouba un balón e cheja diante do porteiro para poñerlle o jol en bandexa a un compañeiro e 1-0 que nos deron 3 puntos valiosísimos,pois servironnos para romper unha mala racha de resultados e de paso aproveitar que o Leganés empatou e estamos a tan solo un punto do liderato. A min sacáronme tarjeta amarilla co cal levo 5 e teño un partido de sansión,pois este domingo xojamos nas palmas de gran canaria e non poderei xojar.De todas formas estaremos atentos o que pase para contárvolo. Un saludo o todos/as usuarios de camariñas.eu
Comentarios
¡Veña, campeón,que hai que subir de catejoría,como quedamos!
Un saúdo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.