3.75 1 1 1 1 1 Rating 3.75 (12 Votes)
En camarinas.eu  abrimos hoxe unha nova sección "Deportes en Camariñas" na que seguiremos con toda regularidade aos equipos do noso concello na súa andaina deportiva en tódalas competicións oficiais. Para comezar esta sección presentámosvos unha entrevista con Antonio Méndez Bermúdez, Tono, o adestrador do F.C. Camariñas. Este camariñán de 33 anos felizmente casado e con un fillo, ex-xogador profesional de diferentes equipos, emprende agora unha nova etapa na súa vida. A  entrevista foi realizada polo redactor xefe da sección de deportes de camarinas.eu Luis Rodríguez Luaces.

Recuperaremos o carácter gañador e competitivo do mítico F.C. Camariñas

Datos Persoais 


Nome: Antonio Méndez Bermúdez
Idade: 33 anos
Profesión: Supervisor de parques eólicos
Estado civil: Casado con un fillo, Anxo.

Traxectoria futbolística


  • Xuveniles do F.C. Camariñas
  • F.C. Camariñas Senior
  • Bergantiños (Rexional Preferente)
  • Betanzos (3ª División coincidindo con Juan Cabrejo)
  • Laracha (3ª División)
  • Villalvés (Rexional Preferente e 3ª División)
  • Malpica (3ª División)
  • Camariñas (Última temporada como xogador)
  • Entrenador do Villalvés Infantil
  • Actualmente adestrador do F.C. Camariñas

Entrevista a Tono


¿Que buscabas na pretemporada?

Básicamente tres cousas: Táctica para conseguir unha boa colocación no campo. Fisica por carencia de outras temporadas e recuperar o carácter gañador e competitivo do mítico Camariñas.

¿E cales son os obxectivos para esta temporada?

Prometo unha boa temporada e formar un equipo competitivo, con eso esperamos estar polo menos entre os dez primeiros.
Na nosa redaccion
Na nosa redaccion

¿Como ves aos teus adversarios?
Para min, vexo que o Cee é un serio candidato a subir de categoría grazas a unha boa xestión de fichaxes debido á importante inxección de cartos que ten o Cee. Tamén vexo a outros que son ao Baio e ao Castriz, clásicos curtidos nesta nosa Liga da Costa.

¿Cómo se presenta o primeiro partido da liga co Baio?

Pois vai a ser un partido moi igualado, o factor campo sería moi importante para eles se non xogáramos en Zas debido ás obras no campo de Baio. Teñen xogadores bos coma os irmáns Costa, vellos conocidos polos afeccioados do Camariñas pero bueno, ten os seus defectos coma todos que trataremos de explotar.

¿Que novidades hai na plantilla deste ano?
Pois este ano teremos catro incorporacións novas que son o central Valerio, o interior zurdo Roberto, un media-punta chamado Álex, e o Camariñán David (sobriño de Marisol Soneira)

¿Cales son as cousas a mellorar da canteira?
No F.C. Camariñas nótase a falta dun organigrama claro con respecto a función de cada equipo. Para os xuveniles, ser convocados polo primeiro equipo xa non é motivo de ledicia e ilusión. Esto pode ser o máis importante que temos que recuperar: Rescatar a motivación dos xuveniles para dar o salto ao primeiro equipo.
¿Como afectan ao equipo as obras do novo campo Hermanas Patiño?
Perjudicanos moito, xa que estamos entrenando no campo de Aréa da Vila e no pavillón municipal a partes iguais. Esto conleva un risco de lesións nos xogadores e demáis doenzas. Tampouco me deixa desarrollar todo o meu programa que tiña preparado para esta pretemporada.
¿Como afecta ao F.C. Camariñas ter un equipo como o C.B. Camariñas nas máximas categorías nacionais?
O que temos que facer é ter sempre un respeto mutuo entre as dúas entidades. De todos modos o que non deben de facer os seus directivos é buscar aos rapaces federados do F.C. Camariñas para xogar no seu equipo. Creo tamén que o balonmán tuvo moito máis apoio institucional que o fútbol. Esperamos que esto cambie un pouco e se axude a todos por igual xa que temos os mesmos fins: sacar aos nenos da calle. Deporte Camariñán ante todo.
A pesar de ter unha gran canteira ¿porque nunca saíu un xogador de primeira liña desde a Costa da Morte?
Básicamente son tres os lastres que arrastramos. Creo que o xogador da costa é pouco sacrificado, temos a falta dun gran equipo fuerte en categorías superiores e penso que estamos vivindo nunha burbulla: Temos moi bos xogadores, pero se levantamos a cabeza e miramos fóra, vemos que o nivel futbolístico está polas nubes.

Tono coa foto dun equipo mítico do F.C. Camariñas: Camuel, Pichurri, Jamela, etc...
Tono cunha foto do Camariñas


Rumorease pola calle que tiveste unha retirada prematura, ¿e verdade isto?
Certo, porque aínda me sinto futbolista no meu interior. Pero bueno, a vida é así. De todolos xeitos, non vexo compatible facer de xogador-entrenador.
Se causaras baixa no Camariñas como entrenador ¿volverías a poñer as botas?
Sí, e principalmente no F.C. Camariñas, se non, pois noutro equipo da Costa.
Vosa xeración, a pesar de ser unha das mellores que saíu do fútbol camariñán, foise moi rápido ¿Como ves a prematura retirada da túa quinta?
Esto foi debido en parte a que estes compañeiros meus tiveron que buscarse a vida noutros lugares e incluso no extranxeiro. Este é un problema socio-político galego. Penso que se houbera traballo en Camariñas moitos deles estarían a día de hoxe en activo. A estes futbolistas natos eu chámolle a "xeración perdida" do fútbol Camariñán.
Sempre se compara a vosa xeración ca de Camuel, Jamela, Pichurri, etc... ¿Cal crees que foi a máis mítica?
Bueno, a nosa xeración gañou dúas copas da Costa consecutivas e eles ganaron varias ligas. Que a xente compare. Tampouco debemos estar sempre no pasado, o mellor pode estar por vir.
¿Queda algún xogador en activo da túa quinta a parte de Juanillo?
Gerpe está a preparar o seu regreso ao Camariñas pero teno moi difícil xa que eleva anos arrastrando unha grave lesión. Vai a ser difícil para él e para min.
¿Cales son os teus momentos máis gratos futbolísticamente falando?
Pois debutar e xogar en varios equipos da 3ª División. Tamén recordo cando fumos campeóns de rexional preferente co Vilalbés, pero, sen dúbida, cando xogaba cos meus amigos do Fútbol Club Camariñas. Nesta época gañamos dúas copas da costa consecutivas. Recordo que cando chegabamos a Noia a prensa local decía de nos: "Chega o Camariñas, unha máquina de xogar ao fútbol" Eso é o que me gustaría recuperar para o F.C. Camariñas como entrenador.

Desde camarinas.eu queremos expresar a nosa máis sinceira admiración a Tono. Un home que levou o nome de Camariñas con respeto e orgullo polos campos de terceira división que sen dúbida dará tardes de gloria ao fútbol Camariñán. Un exemplo. Tono, estaremos ao teu lado.

Pulsando AQUÍ podes ver o video de algunhas das mellores xogadas de Tono como xogador do Laracha en 3ª división. 

Saúdo de Tono a todos os Camariñáns


 

Comentarios   

karina
0 # RE: Entrevista a Tono entrenador do FC Camarinaskarina 31/08/2007 22:57
acabo de ler a entrevista e esta moi ben.para min tono e o entrenador perfecto po camariñas.penso que este ano vamos a dar moita guerra,e a xente poñeranos de favoritos,e non fai falta tanto carto como algun outro equipo,somos unha plantilla moi xoven e con moita ilusion e moita forza.desde aqui desexollos toda a sorte do mundo a tono como adestrador e a plantilla do noso camariñas.un saudo
Responder | Denunciar ante o administrador
guillermo
0 # RE: Entrevista a Tono entrenador do FC Camarinasguillermo 31/08/2007 23:14
Justariame mandarlle o meu apollo a Tono ,e desde aqui justariame desirlle a afision do camariñas que teña un pouco de pasiensia e que apolle a o equipo.Tono moita suerte nesta tua nova etapa como adestrador xa sabes que si che fai falta un axente aqui eston , o Arsenal estalle buscando sustituto a wenger, un forte abraso .
Responder | Denunciar ante o administrador
Peteke
0 # RE: Entrevista a Tono entrenador do FC CamarinasPeteke 01/09/2007 12:21
Para min Tono é a persona indicada e máis preparada actualmente para levar o Camariñas a seren algo,pedirlle a directiva que lle fagan caso das súas peticións para ter unha canteira forte,do contrario sempre teremos que tirar dos cuartos para poder ter un equipo ganador,ánimo Tono,fainos disfrutar á afección como o fixechedes o "dream team"
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+2 # RE: Entrevista a Tono entrenador do FC CamarinasMikel 01/09/2007 13:10
Queria desexarlle sorte a tono,pois de esto do futbol sabe,,un saudo
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: Entrevista a Tono entrenador do FC Camarinasjose de marta 01/09/2007 22:07
Queria eu tamen desear muita suerte a tono tamen,e a todo o equipo.E polo que di miguel que de futbol sabe ya he sabido solo tes que mirar de que equipo e eso dio todo jajajaja.Muita suerte anton.
Responder | Denunciar ante o administrador
jaime
+2 # RE: Entrevista a Tono entrenador do FC Camarinasjaime 02/09/2007 13:27
que pena acabo de coller lendo a entrevista,que os directivos do balonman foron a coller xogadores do futbol,eso e totalmente falso e digoche toniño antes de deir tonterias enterate,porque os que anduveron detras dos repaces foron VICENTE,E MARCELO ,E LUIS,e falo con coñecemento de causa porque dous deles estiveron na miña casa mais dunha vez para que o meu fillo deixase o balonman e deulle calabazas,outro s aceptaron esas milongas que prometian pero despois deronse conta que donde podian aprender a ser persoas era no pabellon e non escoitando BARBARIDADES dun adestrador coma ENRIQUE VAZQUEZ
Responder | Denunciar ante o administrador
dousadous
+2 # hai que informarse ben antes de falardousadous 08/09/2007 15:30
Primeiro felicitar a camriñas.eu. segundo felicitar ao novo adestrador do Camariñas C.F., e Terceiro, rogar a xente que fala, que se informe antes de abrir a boca; pois no podo soportar que se calumnie de tal xeito. O Clube Balonmán Camariñas, nunca, xamais foi detrás de ningún rapaz para que cambiara o futbol polo balonmán, e menos ofrecendo cartos, como é práctica habitual nos directivos do futbol, que todas as tempadas veñen a pescar á canteira do balonmán ofrecendo falsas promesas e cartos a uns rapaces menores de idade.
Non busquedes o lixo no ollo alleo, si non vedes a viga no voso.
Responder | Denunciar ante o administrador