- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 28 Agosto 2007 28 Agosto 2007
Debido ás recentes obras para a instalación do céspede artificial no Estadio de fútbol camariñán "Hermanas Patiño", para os adestramentos dos xogadores do F.C. Camariñas foi necesario acondicionar a explanada de herba que cos anos foi crecendo nun dos lados da Praia de Area da Vila, concretamente a que está a carón do Paseo Marítimo.
As citadas obras no "Hermanas Patiño", adxudicadas en máis de 324.000 euros á empresa Mondo Ibérica S.L., parecen a continuar a bo ritmo pero non estarán listas en principio para principios de tempada. Os xogadores están contentos de poder entrenar na Area da Vila xa que están máis cerca do pobo e ainda se pasa alguén por alí para ver como entrenan. Esto dalle un pouco máis de motivación aos xogadores camariñáns que tamén poden aproveitar a praia para facer exercicios físicos pola area, algo moi importante para a forma dun futbolista, e para prevenir posibles lesións. No interior desta noticia tes a oportunidade de ver como van as obras do Campo de fútbol Hermanas Patiño de Camariñas e o acondicionamento da Praia de Area da Vila para campo de entrenamento a través dunha galería fotográfica.