- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 09 Setembro 2008 09 Setembro 2008
Líderes da Categoría

Imaxe de www.laopiniondemurcia.es na que Mena marca o gol da victoria con Juanillo de fondo
Comenza con forza esta temporada 2008-2009 o Cartagena de Juanillo, e así conta os seus partidos por victorias. Desta volta foi o filial do potente equipo colchoneiro, cos seus maiores xogando na mesmísima Champions League, ao que lle tocou morder o polvo ante un Cartagena que confía que esta temporada sea a do ascenso dun equipo que por potencial, plantilla, ilusión e esforzo merece estar dunha vez na categoría de prata do fútbol español. Pulsa na imaxe para ler a nova crónica que nos envía dende as terras levantinas o redactor deportivo de camarinas.eu Juan Cabrejo, Juanillo.
AT MADRID B 1 - CARTAGENA 2

Imaxe de www.laopiniondemurcia.es na que Mena marca o gol da victoria con Juanillo de fondo
Victoria traballada na casa dun equipo que xoja mui ben ó fútbol. Mal empesaron as cousas para nós porque nada máis empesar o partido o At de Madrid B TUVO XA UN PAR DE OCASIÓNS QUE NOS AVISABAN DO QUE IBA A PASAR MÁIS TARDE. Paresía que eles iban en moto e nós andando porque non dábamos feito, e antes do descanso métennos un jol e cara de parvos que nos quedou. O mellor do primer tempo fui o pitido final.
No descanso: ¡¡Vaia bronca!! Creo que poucas veses escoitei a un entrenador desirnos cousas tan claras e tan duras o mismo tempo. Fabri (o noso entrenador) ten eso, que o que ten que desir pois dío á cara, como debe de ser, a pesar de que moleste cando critican a un e aos seus compañeiros. BENDITA BRONCA!!!
Salimos no sejundo tempo como avións, e en solo 11 minutos xa habíamos remontado o resultado: xa íbamos 1-2. Creo que o At de Madrid B no sejundo tempo non pasou do medio campo, e o mellor para eles foi o resultado, pois de non ser polo seu porteiro, De Gea (internacional e campeón de Europa ca sub 19 de España) caíanlle 5 ou 6. De feito o entrenador sub-19 Luis Milla, o que fora xogador do Barça, Real Madrid e Valencia, estaba nas gradas do Cerro del Espino vendo o partido.
Pois tres puntos que nos meten no alto da tabla clasificatoria e somos o único equipo que janou os 2 partidos. Esperamos que continue a racha e este ano sea o noso, temos un dos mellores equipos, por non desir o mellor de Sejunda B, e o mallor enemijo noso somos nós mismos como pudemos comprobar no primer tempo, e esperemos aprender deso. Xa nos espera o próximo domingo (as 12 da mañan) no noso campo o LAS PALMAS B. Espero poder contarvos unha nova victoria.
Un saludo

Juanillo, co seu fillo Diego en brazos, confía que esta sexa a temporada do ascenso do Cartagena
Comentarios
Ni que foraun clon..saludos desde Galicia.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.