- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 23 Agosto 2007 23 Agosto 2007
Os camariñáns que participaron na regata celebrada en terras (bueno, mellor mares) de Corcubión recibiron numerosos premios. Na 9ª Concentración de Escolas de Vela da Costa da Morte os nosos representantes da Escola de Vela do Concello de Camariñas realizaron un papel destacado en todas as categorías. Os rapaces de Camariñas teñen un futuro moi prometedor dentro desta especialidade deportiva. Desde camarinas.eu desexámoslle moita sorte.
Formaron parte desta regata 35 rapaces repartidos en 9 barcos na categoría de Vaurien e 17 na de Optimist.
- En Vaurien Cristian e Iago (de Talleres Unión) ganaron o 1ª Premio, e Teresa e Pablo Solana o 3º.
-
Na clase Optimist, Camariñas acadou o 3º Premio (Cristian, neto de Carmen de Berdoias), 4º (Iván Santos Castro, da Cruz de Cedeira), 5º Andrea (Filla de Mar de Cerdeiras), 6º (Ángela de Héctor do Mariñán), 7º (Adrián de Femín e neto da Generosa), 9º (Aníbal, neto de Dulia).
Finalmente só queda recalcar que foi a nosa colaboradora Estela (a muller de Ramón de Dulia) a que realizou a reportaxe escrita e fotográfica da regata. ¡Estelaaaaa! ¡Graciassss!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.