- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 05 Abril 2008 05 Abril 2008
Camarinas.eu acercouse este venres ata Area da Vila para ver in situ como se desenvolvían as escolas deportivas do concello e quedou moi gratamente impresionada do visto alí. A Escola Infantil de Fútbol comandada con man experta por Luís Rodríguez Luaces, conta con cinco ou seis rapaces que a pesar da súa corta idade xa apuntan maneiras e o día de mañán pode que sexan os futuros cracks do fútbol da costa. Pulsa na foto para ver a noticia completa, unha galería de fotos e un video desta escola deportiva.
A escola de fútbol, exemplo de compañerismo e amizade entre tódolos seus compoñentes, está dirixida por unha persoa que sabe e entende moitísimo de fútbol e que lle deu algunha que outra tarde de gloria ao F.C. Camariñas, Luís Rodríguez Luaces, o cal fai que os rapaces o pasen bomba e desfruten como nunca xogando ao deporte que é o número un nas súas vidas: o fútbol. Alí tamén poidemos comprobar o signo dos novos tempos, e é que a maioría dos rapaces portaban camisetas do Real Madrid e o Barsa, sendo case inexistentes as do Deportivo, maioritarias uns anos atrás.
En todo caso, vendo estos talentos futbolísticos, o camiño iniciado por grandes xogadores camariñáns como Camuel ou Juanillo que chegaron a xogar en categorías superiores do fútbol español, pode ter unha continuación adecuada, sempre e cando estos rapaces se esforzen e traballen duro para poder chegar a algo neste mundo tan duro e difícil do fútbol profesional.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.