- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 18 Outubro 2021 18 Outubro 2021
O Concello de Camariñas presenta a súa ampla oferta de actividades culturais para este curso 2021-2022. Nelas existen distintos grupos que se clasifican segundo a idade dos participantes adaptándose as súas necesidades e características.
En primeiro lugar están as destinadas a rapazada de xeito exclusivo. Nelas atopamos o “Concello activo kids” para nenos e nenas nados entre o 2015 e o 2010; fútbol no campo municipal de fútbol “Irmás Patiño”; balonmán; cursos de iniciación, intermedios e profesionais de vela, bautismo de mar, kaiak, surf, windsurf e paddle surf ademais de xadrez.
Outro grupo sería o das aulas para todas as idades como é a escola de música na que atopamos opcións do tipo “música e movemento”, linguaxe musical, instrumentos variados, música tradicional, bailes galegos, danza e coreografía, baile moderno ou mesmo o coro municipal.
Finalmente está o grupo de actividades destinadas aos adultos de forma exclusiva nos que se atopan o palillo, ximnasia de mantemento, relaxgim, pilates, ioga, zumba e o “concello activo senior”.
A data de inscrición xa está en marcha e prolongarase até o 29 de Outubro quedando en lista de reserva aquelas inscricións presentadas de forma tardía. Para quen o desexe hai varios puntos onde pode recadar máis información a cerca destas actividades, como pode ser acudindo á biblioteca municipal de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas, ou ben chamar aos teléfonos 981 73 72 34 ou 665 13 44 90. Tamén existe a opción de enviar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Outro dos puntos no que se pode solicitar información é no despacho de deportes da Casa do Concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao teléfono 662 51 91 33 ou enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Na sede electrónica https://bit.ly/3jbcmEZ as persoas interesadas poden achegar toda a documentación requirida. O usuario deberá solicitar unha carta de pago no departamento de deportes ou na Biblioteca Municipal, e se a persoa usuaria non comunica a baixa voluntaria esixiráselle o pago anual da actividade na que está inscrito.