5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Na Xunta de goberno local de hoxe, xoves 11 de Marzo, o Concello de Camariñas aprobou o proxecto para a renovación da iluminación do campo de fútbol “Irmás Patiño”. Este conta cun orzamento de 39.974,90 euros e está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

O proxecto consiste na substitución das catro luminarias que ten cada unha das torres engadindo dúas máis a maiores a cada unha delas. Os novos focos luminosos serán de tecnoloxía LED o que permitirá unha mellor visibilidade nas instalacións, ademais de producir un aforro de aproximadamente un 73% con respecto as luminarias predecesoras.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.