1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Concello de Camariñas pon en marcha a iniciativa “Actividade Física Saudable” que xorde coa intención de dar a oportunidade de facer deporte de forma presencial e guiada por un monitor a tódalas persoas que queiran desenvolver actividade física.

As actividades repartiranse en dous bloques de idade: un irá dende 18 até 60 anos e outro estará destinado a persoas maiores de 60. Ao mesmo tempo, estas realizaranse por parroquias, en grupos de catro persoas e seguindo as restricións marcadas polas autoridades sanitarias.

Deste xeito, os interesados/as poden inscribirse neste programa a partires de mañá, día 9 de Marzo, até o próximo 15 deste mesmo mes mediante o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben chamando ao teléfono 665 134 152, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Para esta inscrición o solicitante terá que facilitar o seu nome e apelidos, a data de nacemento, a parroquia de preferencia (Camariñas, Camelle, A Ponte ou Xaviña) e a quenda na que prefire asistir (mañá ou tarde).

MODALIDADE ONLINE

Do mesmo xeito, o Concello de Camariñas tamén conta dende a semana pasada cunha modalidade online do programa “Actividade Física Saudable”. Esta consiste nunha serie de clases adaptadas aos diferentes grupos de idade e intensidade que se repartirán en 3 bloques: pilates (para todas e todos), relaxgym (indicada para maiores de 60 anos) e acondicionamento físico cun punto de intensidade máis elevado. As clases disporanse en vídeo de forma semanal no canal de Youtube https://www.youtube.com/user/ConcelloCamarinas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.