Toca derbi provincial este fin de semana, o equipo chega nunha boa situación e dinámica positiva, con confianza polo xogo das últimas semanas e os puntos obtidos. Ademáis sírvenos de especial motivación chegar a un derbi á falta de 5 xornadas para o final por encima do rival na clasificación. A pesar de que neste momento non ocupamos plaza de descenso, non nos podemos despistar e seguir sumando xa que ata a din da tempada os demáis apretarán.

OAR Coruña- Conservas Boya Camariñas sabado 20:00 Pabellon San Francisco Javier ( A Coruña)

Precisamente o primeiro en facelo será o Oar, que chega necesitado a este partido e que nos poñerá as cousas difíciles. É unha plantilla feita a base de grandes fichaxes e por nomes debería estar máis arriba, o que demostra a dureza da categoría, e lle dá máis valor a nosa traxectoria. Nós afrontamos o choque con menos necesidade e presión quizás que os locais e tentaremos facer o noso xogo, impoñer o noso ritmo e a través do colectivo acadar os puntos.

Convocatoria:


Porteiros: Cristian, Álex, Félix e Daniel
1as liñas: Alberto, Fabián, Fari, Eusebio
2as liñas: Alan, Francisco, Fabio, Antelo, Manuel, Bieito, José Manuel, Javier
Duda: Xabi

Engadir un comentario