- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 14 Marzo 2019 14 Marzo 2019
Este mércores desputábaase no Municipal de Camariñas un triple enforntamento entre as escolas de fútbol do FC Camariñas frente aos nenos do Villa de Cee. Facían a inauguración desta serie de partidos os prebenxamíns do Camariñas que puderon levarse o partido gañado para o seu casilleiro, pero que ao final rematou en taboas que firmaban os dous conxuntos. Despois deste emocionante partido amistoso dos pre chegaba o turno dos benxamíns que pronto se poñerían por diante do marcador cun bo xogo e un gran acerto en todas as súas accións. Finalmente os rapaces do equipo benxamín A do FC Camariñas conseguía unha traballada victoria fronte aos nenos do Cee por un total de 3 a 1. E remataban os Alevíns a serie de partidos desputados pola Escola de Fútbol do FC Camariñas na tarde deste mércores 14 de marzo no Pavillón O Areal. Comenzaban os nosos pequenos o partido cun gran xogo, moi directo e participativo no que eran continuos as chegadas meta rival. Os camariñáns poñíanse por diante en varias ocasións aínda que o Cee seguía vivo e non se deixaba dar o brazo a torcer. Finalmente os veicños do sur levaronse o gato á auga e conseguiron a victoria por un apurado resultado de 4 a 5. Os rapaces e rapazas do alevín do FC Camariñas cuaxaban un gran partido que foi aplaudido por todos os asistentes a esta triple xornada de fútbol sala que tivemos ocasión de desfrutar no Municipal de Camariñas. A seguir así!