Moi bo partido no que máis de 200 persoas puideron gozar en O Areal dun balonmán de gran nivel. O xogo comezou cun Camariñas que percutía constantemente a dura defensa viguesa, pero Eusebio desangrou en cada acción do q foi posiblemente o mellor seu mellor encontro na categoría (14 goles). O equipo olívico só era capaz de responder o ímpetu camariñán con aisladas aínda que rápidos contragolpes que poñían en apuros aos chavales do Boya que puderon repeler estos contraataques con unha contundente defensa liderada por un canderbeiro Cristian que estivo espectacular. Con este traballado plantexamento táctico os camariñáns impedían unha e outra vez que os visitantes se acercaran no marcador. Os tempos mortos usados polos visitantes e algunha que outra precipitación dos locales puxeron aos vigueses a tan só dous goles no que supoñía un espellismo pois o gran protagonsita do aprtido Eusebio aplicaba un duro correctivo á defensa olívica nun par de xogadas de moito mérito que deixaban o marcados na primeira parte cun resultado de 18 a 14.

Xa na segunda parte os nosos rapaces arreaban un duro correctivo aos chavales de Vigo e en menos de cinco minutos endilgaronlle un parcial de 4 tantos a 0 que poñía as gradas do Municipal de Camariñas patas arriba cunha afición totalmente entregada. Finalmente a segunda parte foi un mero trámite no que os chavales de Vigo puideron maquillar un pouquiño o resultado. Como nota hai que resaltar que neste partido houbo minutos para todos os xogadores. Tamén recalcar outra vez o gran partido do fenomenal porteirazo camariñán Cristian e dese portento da natureza nacido en Camariñas e chamado Eusebio que ve deste xeito recompensado tantos anos de duro traballo. Noraboa rapaces!

 

Engadir un comentario