Pois si a semana pasada tiñamos a gran noticia da inclusión na selección benxamín da costa do canteirán do FC Camariñas Daniel Castro, nesta temos doble alegría ao ser elixidos dous pequenos futbolistas das Baleas os encargados de representar a nosa comarca. Este xoves 28 de febreiro os pais de Álex e Cristian recibían por medio do Whatsapp a lista definitiva de convocados para tan importante honor vendo deste xeito recompensado todo o seu traballo. "Non foi fácil chegar ata aquí, pero ao final os nenos recibiron o gran premio de formar parte dunha selección de primeiro nivel", aclarábanos unha das nais destes dous cracks do fútbol, a cal nos comenta tamén que en breve comezarán a desputar os partidos desta selección. Precisamente este sábado 2 de marzo será o primeiro dos encontros que desputarán os nenos camariñáns na selección da Costa da Morte contra o combinado de Ourense no pavillón lucense de Trabada. E alí, ademáis dos seus pais e familiares, estará tamén toda Camariñas alentando a Cristian e Álex que representarán a Camariñas nesta selección alevín de fútbol sala da Costa da Morte. Moi ben chavales!!

Engadir un comentario