1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Novo recoñecemento hacia a Escola de Fútbol do FC Camariñas coa inclusión dun dos seus xogadores da categoría benxamín na selección da Costa da Morte de fútbol sala. Este pasado venres 22 de febreiro o canteirán do Camariñas Dani Castro recibía a noticia da súa selección por parte do equipo técnico na súa casa de Xaviña xunta a súa familia. Os pais de Dani cóntannos que o neno está superilusionado con este novo reto e que espera dar todo o mellor de si neste equipo que representará a nosa comarca por gran parte dos pavillóns de Galicia. E aínda que foran convocados ata cinco pequenos futbolistas da canteira do FC Camariñas (4 benxamíns e 1 alevín) preseleccionados para as probas preliminares deste conbinado, tan só pudo quedar un deles entre tanta competencia de nenos de todos as escolas de fútbol da costa. Así, tanto Dani Castro como todos os seus compañeiros do FC Camariñas como tamén todos os pais e nais que levan a cabo todo o traballo de organización desta Escola de Fútbol ven recompensado todo o traballo que se leva feito dende que hai pouco máis de un ano se crearan as categorías inferiores do FC Camariñas. Noraboa!

NOTA PARA OS CLUBES DE TODO O CONCELLO: Todos aqueles equipos e entidades que queiran ver publicadas tanto os resultados como as súas notas nesta web poden poñerse en contacto con Camarinas.eu no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 679871599. Para todos eles poñemos a nosa web a súa disposición.

Engadir un comentario