Primeira final de cara a salvación aínda que non se pode obsesionar o conxunto camariñán cos puntos en xogo, non podemos obviar a importancia do encontro dado o rival, empatado a puntos coa escadra da vila das palilleiras. E sobretodo tendo en conta que xa se levou a victoria fronte ao Boya na primeira volta da temporada por un total de 30-25. O equipo camariñán ven trazando unha boa liña de xogo e dende o equipo técnico esperan continuar con esta senda para que os dous puntos se queden en Camariñas.  Por primeira vez dispoñe o Boya con tódolos xogadores de campo ao cento por cento, o que sen dúbida lles dará opción de facer rotacións, algo que se está a pagar moi caro polo equipo palilleiro ao longo de toda a tempada. O rival é un equipo xoven, con xogadores rápidos e que imprime un ritmo alto e que xoga por rachas, o que deben de explotalo os nosos xogadores sendo constantes no bo xogo, non dando facilidades e aproveitando a nosa maior experiencia. Volta os chavales do Boya a xogar en Camariñas, o que lles dará sen dúbida un plus coa gran afición que se da cita sempre no Areal de Camariñas.

Datos do Partido
Camariñas Conservas Boya vs Bm Luceros Cangas na tarde deste sábado 16 de febreiro ás 18:30 horas

Convocatoria:
Porteiros: Cristian, Álex
1as liñas: Alberto, Fabián, Xabi, Eusebio, Fari
2as liñas: Manuel, Antelo, Bieito, Jose, Javi, Francisco, Héctor, Alan
Baixas: Félix

Engadir un comentario