1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Pois ao final resulta que a liga de fútbol base ven a ser moito máis excitante que a dos maiores. Nesta derradeira xornada a Escola de Fútbol do FC Camariñas tivo varios encontros de gran rivalidade dos que desfrutamos todos os afeccioados ao fútbol base de Camariñas. O primeiro deles no fútbol sala enfrontaba aos benxamíns das Baleas contra os do FC Camariñas levándose o partido con moi bo xogo os chavales do adestrador do Camariñas Saviola que se estreaba no derby camariñán con victoria contundente. Nos alevíns eran os rapaces das Baleas os que superaban amplamente ás rapazas e rapaces do FC Camariñas. Pero ao final, uns e outros, compañeiros que son de escola, celebraban o final do partido dándose un agarimoso saúdo fronte a todos os pais e nais. Os bravos nenos do equipo Benxamín B do FC Camariñas caía con toda a honra diante do Carnota por un total de 2 a 4. Moi orgulloso estaba o adestrador destes pequenos guerreiros que día tras día avanzan no seu aprendizaxe como futbolistas. E xa no fútbol herba chegaba o turno dos benxamíns do FC que poñían contra as cordas a todo un potente Cerqueda aos cales gañaban finalmente por un total de 6 goles a 4. Os campións de liga e copa da temporada pasada, os benxamíns do FC Camariñas, colleron finalmente o ritmo de cruceiro e están en condicións de quedar nos primeiros postos da clasificación da súa pequena liga. Pero xa están collendo o testigo os pequenos prebenxamíns que van con toda en banda e contan todos os seus partidos por victorias. Uns pequenos campións que están sendo o furor desta liga prebenxamín da Costa da Morte 2018-19.

Resultados da xornada do 10/02/2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas:


Futbol Sala:  Benxamíns A: As Baleas 2 - 8 FC Camariñas
Futbol Sala:
Benxamíns B: FC Camariñas 2 - 4 Carnota
Fútbol Sala: Alevíns: As Baleas 10 - 0 FC Camariñas
Fútbol Herba: Prebenxamíns: Coristanco 0 - 8 FC Camariñas
Fútbol Herba: Benxamíns: FC Camariñas 6 - 4 Cerqueda

NOTA PARA OS CLUBES DE TODO O CONCELLO: Todos aqueles equipos e entidades que queiran ver publicadas tanto os resultados como as súas notas nesta web poden poñerse en contacto con Camarinas.eu no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 679871599. Para todos eles poñemos a nosa web a súa disposición.

Engadir un comentario