1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Excitante xornada de fútbol da canteira do FC Camariñas a deste derradeiro fin de semana na que os pequenos deportistas conseguiron variedade de resultados aínda que estes sexan o de menos vendo a forza e ilusión que lle poñen os nosos a cada partido. Non hai máis que ver algúns dos partidos desta escoliña de fútbol para comprobar que os nosos nenos están a converterse nuns grandes futbolístas, loitadores ata o final e respetusosos dos seus compañeiros e adversarios deportivos. Unha fin de semana na que os nosos nenos dixeron adeus ao seu querido adestrador JM Ordóñez que deixa os banquiños da escola de fútbol despedíndose persoalmente hai uns días dos seus pupilos e reciben ao novo adestrador Saviola que volve a coller as riendas duns equipos aos que víu nacer. Dende a redacción deportiva de Camarinas.eu queremos dar a benvida a Saviola, ao cal mostramos todo o noso apoio e axuda, e despedimos ao noso querido amigo JM Ordóñez ao que estaremos eternamente agradecidos polo seu traballo. A continuación deixámosvos os resultados de todos os equipos que conforman a Escola de Fútbol do FC Camariñas ademáis dun video do espectacular encontro de fútbol sala desputado polos benxamíns do FC Camariñas fronte ao Manuela Rial de Cee.

Resultados da xornada do 03/02/2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas:


Futbol Sala: Alevins: FC Camariñas 2 - 4 Manuela Rial
Futbol Sala:  Benxamíns A: FC Camariñas 3 - 5 Manuela Rial
Fútbol Sala: Benxamíns B: FC Camariñas 2 - 4 Villa de Cee
Fútbol Herba: Benxamíns: Sofán 1 - 9 FC Camariñas
Fútbol Herba: PreBenxamíns: Sofán 0 - 11 FC Camariñas

NOTA PARA OS CLUBES DE TODO O CONCELLO: Todos aqueles equipos e entidades que queiran ver publicadas tanto os resultados como as súas notas nesta web poden poñerse en contacto con Camarinas.eu no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 679871599. Para todos eles poñemos a nosa web a súa disposición.

Engadir un comentario