1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Moi Boa xornada a deste fin de semana para a Escola de Fútbol do FC Camariñas. Os rapaces da canteira do equpo da Vila das Palilleiras caseque lograron o pleno de victorias nunha intensísima semana no que podíamos destacar a gran victoria dos nsosos alevíns diante do Carnota por 6 a 2. Tamén resaltar a contundente victoria dos prebenxamíns que se estreaban na competición oficial por un total de 10 a 0 contra un Seaia que comezaba a súa andadura nesta categoría. E xa sen tempo de descansar comeza outra xornada de fútbol sala par os pequenos do FC Camariñas cunha emocionantísima xornada na que este mércores se desputarán ata tres partidos no Pavillón Municipal de Camariñas e dos cales daremos conta neste seguimento semanal aos rapaces da Escola de Fútbol do FC Camariñas.

Resultados da Escola de Fútbol do FC Camariñas:


Futbol Sala Alevins: FC Camariñas 8 - 2 Carnota
Futbol Sala  Benxamíns A: FC Camariñas6 - 1 Carnota
Fútbol Sala Benxamíns B: Vimianzo 10 - 2 FC Camariñas
Fútbol Herba Benxamíns: FC Camariñas 7 - 1 Razo
Fútbol Herba Prebenxamíns: FC Camariñas 10 - 0 Seaia

NOTA PARA OS CLUBES DE TODO O CONCELLO: Todos aqueles equipos e entidades que queiran ver publicadas tanto os resultados como as súas notas nesta web poden poñerse en contacto con Camarinas.eu no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 679871599. Para todos eles poñemos a nosa web a súa disposición.

Engadir un comentario