Comezamos unha nova serie deportiva nesta web que terá como cometido dar a coñecer ao gran público deportivo tanto os resultados coma as noticias relevantes da Escola de Fútbol do FC Camariñas. Os nenos e nenas do Camariñas tiveron unha xornada pasada por auga e frío neste derradeiro fin de semana do 19 de xaneiro de 2019 e conseguiron dispares resultados ante duros adversarios que vos adxuntamos ao final desta noticia. Como noticia destacada apuntar que os bravos prebenxamíns do FC Camariñas comezan este próximo fin de semana a súa respectiva liga regular, xa que ata o de agora tan só xogaban partidos amistosos preparatorios. Os pre, arroupados polos seus pais, tiveron unha pretempada espectacular en canto a xogo e resultados, poñéndose en cabeza para ser outro ano máis firmes candidatos a finalizar a liga nos primeiros postos da taboa. E ahí estará Camarinas.eu para comentar todo o que aconteza semana a semana coa Escola de Fútbol do FC Camariñas.

Se queres que teus pequenos formen parte da familia da Escola de Fútbol do FC Camariñas non tes máis que chamar ao 698 12 68 95 para pedir información.

Resultados Escola de Fútbol da fin de semana 19 xaneiro de 2019


Fútbol herba Prebenxamín: Coristanco 2 - 4 FC Camariñas
Fútbol herba Benxamíns: Coristanco 3 - 5 FC Camariñas
Fútbol Sala Benxamíns A: FC Camariñas 7 - 2 CF Muxía
Fútbol Sala Benxamíns B: FC Camariñas 1 - 4 Fisterra SD
Fútbol Sala Alevín: FC Camariñas 1 - 5 Fisober


NOTA PARA OS CLUBES DE TODO O CONCELLO: Todos aqueles equipos e entidades que queiran ver publicadas tanto os resultados como as súas notas nesta web poden poñerse en contacto con Camarinas.eu no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 679871599. Para todos eles poñemos a nosa web a súa disposición.

Engadir un comentario