1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pois outra vez máis ahí andan as nais e pais da Escola de Fútbol do FC Camariñas tirando de imaxinación e conseguindo cada día que pasa máis logros para beneficio dos diferentes equipos dos seus pequenos. Cun traballo calado, serio e continuo conseguiron que este soño que foi as categorías inferiores do FC Camariñas se convirta nunha verdadeira realidade como o é a Escola de Fútbol do FC Camariñas. Ao último éxito obtido coa creación doutro equipo de fútbol sala de benxamíns hai que sumarlle agora unha iniciativa única no fútbol base da Costa da Morte: a creación do Calendario Oficial do FC Camariñas Base. Un anuario que nesta primeira edición contou cunha tirada de 50 unidades que prácticamente se venderon no primeiro día de sacalas á venta tan só quedando 3 ou 4 exemplares dispoñibles para aqueles pais rezagados que aínda non o compraron. É por iso que os encargados da elaboración do Calendario Oficial do FC Camariñas Base están pensando xa en imprimir outra tirada máis para atender as moitas peticións que veñen recibindo para conseguir levarse a súa casa este histórico calendario. O prezo simbólico do almanaque é de 5 euros que se destinarán integramente á financiación da Escola de Fútbol na que tanto están a desfrutar estes pequenos futbolístas que constitúen o futuro do FC Camariñas. É tan dificil entender o que significa FUTBOL BASE?

Se queres que teus pequenos formen parte da familia da Escola de Fútbol do FC Camariñas non tes máis que chamar ao 698 12 68 95 para pedir información.

Calendario da Escola de Fútbol do FC Camariñas
Calendario da Escola de Fútbol do FC Camariñas

Engadir un comentario