1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Como xa comentáramos en anteriores crónicas, a Escola de Fútbol do FC Camariñas ven de comezar nas derradeiras semanas o seu novo periplo na liga de fútbol infantil da costa e está deixando grandes sensacións. Agora incluso sumando un novo equipo de benxamíns ás demáis categorías existentes. Tal e como acontecera o ano pasado, onde no seu debut os prebenxamíns do FC Camariñas conseguiron con gran traballo o doblete gañando o título de liga e copa, os nosos pequenos futbolistas están a desplegar un bo xogo e un sentido do fútbol que parece innato nestes rapaces, demostrando deste xeito que a canteira do fútbol en Camariñas está máis viva que nunca. E aínda que algún que outro directivo da sección senior pareza que vive noutra realidade paralela aquí, nesta humilde escoliña de fútbol, se está a demostrar unha tremenda efectividade na xestión das categorías inferiores e potenciando o que realmente importa nun equipo dun pobo de caseque 3000 habitantes: a canteira e nada más que a canteira.

Se queres que teus pequenos formen parte da familia da Escola de Fútbol do FC Camariñas non tes máis que chamar ao 698 12 68 95 para pedir información.

Centrándonos no que realmente importa e deixando atrás outras lamentables actitudes os rapaces da Escola de Fútbol do FC Camariñas están a demostrar, tal e como dicíamos ao principio deste artigo, un xogo espléndido e están a conformar un verdadeiro grupo de amigos que levan trazas de realizar algo moi importante no fútbol camariñán e por extensión no da Costa. No video que publicamos a continuación desta noticia podedes ver ao benxamíns do FC Camariñas medirse contra o todopoderoso Dumbría no que os camariñáns conseguiron adiantarse por dúas veces no partido, pero que ao final non puderon levarse un resultado positivo.

Pero o resultado nestes casos ven sendo o de menos e o máis importante é ver a este grupo de nenos e nenas, amantes do fútbol, que están a desarrollar unha capacidade de comprender o deporte rei increible. Non hai máis que aproximarse aos partidos que calqueira fin de semana se poden desfrutar no Estadio Municipal Hermanas Patiño para comprobalo en persoa. E a eso animamos dende esta web a todos os afeccioados do FC Camariñas, dos poucos que aínda quedan... que veñan ao campo e que desfruten do mellor que está dando o deporte en Camariñas. Uns nenos que se forman como deportistas e, sobretodo, como persoas nunha Escola de Fútbol con maiúsculas que saíu da nada gracias ao traballo dos pais, o apoio incondicional dun Concello de Camariñas volcado, un par de empresas que animaron o proxecto e do máis importante: uns nenos que aman o fútbol. Só así o futuro do FC Camariñas estará asegurado.

Engadir un comentario