1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Hai varias semanas que daba comezo os partidos previos ao comezo da liga regular dos prebenxamíns da Escola de Fútbol do FC Camariñas. Os pequenos futbolistas do Camariñas, auténticos jabatos futboleiros levados en volandas polo seu adestrador Ordoñez e os seus familiares, sorprenden tanto en xogo de equipo desplegado como en determinación en todos e cada un dos campos aos que asisten para desputar os partidos da súa categoría. No derradeiro partido amistoso desputado polos prebenxamíns do FC Camariñas foron quen de impoñer o seu preciso xogo con maxia e toque ante o xigante deportivo e exemplo de xestión dos equipos da Costa da Morte: A Escola de Fútbol do Dumbría. Alí nas impoñentes instalacións deportivas do Conco en Dumbría o futuro do fútbol camariñán poñía as bancadas en pe desplegando un xogo magnífico e, a pesar de que ao final a mala sorte lles impedíu levarse un resultado positivo, os nosos pequenos acabaron o partido festexando o bo xogo desputado. E aínda que o resultado nestes casos é o menos importante, estamos seguros de que ao comezo da liga estes pequenos futbolistas camariñáns verán recompensado todo o esforzo que están a levar a cabo con moitos goles e moitas victorias. Bravo rapaces!! Vamos Camariñas!

Se queres que teus pequenos formen parte da familia da Escola de Fútbol do FC Camariñas non tes máis que chamar ao 698 12 68 95 para pedir información.

Engadir un comentario