4.7222222222222 1 1 1 1 1 Rating 4.72 (18 Votes)

O C.B. Camariñas perde o derby da ¿Costa da Morte?

O C.B. Camariñas ao ataque con Nesterov, o tanque soviético, á expectativa
O C.B. Camariñas ao ataque con Nesterov, o tanque soviético, á expectativa

Xa facía tempo que camarinas.eu non era testemuña dun encontro do C.B. Camariñas e neste caso non podía deixar de asistir ao chamado derby da Costa da Morte. Eran moitos os medios alleos a esta deprimida costa os que asistiron para dar cobertura ao partido: fotógrafos, periodistas, comentaristas e ata unha televisión (non, non era a todopoderosa TV Camariñas se non outra destartalada emisora local de Carballo).

O caso é que todo este tema de querer chamarlle Costa da Morte a sitios tan distantes como Carballo, Laracha ou Santa Comba parece un pouco ridículo e só semella que todo o mundo se quere sumar ahora ao Finisterre europeo porque hai unhas maletas ben cheas de diñeiro e a punto de reventar esperando para ser repartidas. Cando este cremoso diñeiro se acabe, quedaremos os de siempre, na mesma pobreza e cos pantalóns aínda baixados... pero este é outro tema. Para ver unha pequena crónica e máis un destartalado video do acontecido no vibrante partido deste sábado entre o equipo camariñán e o de Carballo pulsa na foto principal.

C.B. Camariñas 30 - Xiria de Carballo 33

O mal chamado

O Camariñas comenzou bastante centrado o partido e nos primeiros minutos do mesmo, concretamente ata o primeiro cuarto de hora, o equipo de Tony García dou a impresión de que podía levarse o partido tranquilamente. Nestes minutos iniciais o Camariñas xogaba ben e estaba por enriba do Xiria que parecía estar máis preocupado do bombón de chocolate ben cremoso que estaba a arbitrar o partido. E é que o así chamado derby estaba dirixido por catro rapazas ben fermosas (dúas de árbitro e dúas na mesa) que levaron o partido ben en todo momento ata o final no que se puxeron un pouquiño nerviosas e empezaron a confundirse co marcador anotando goles a quen non os metía. De entre estas catro belezas colexiadas, destacaba a árbitro principal chamada Tatiana, que tiña uns ollos verdes moi bonitos e foi reclamada polo director de camarinas.eu para que se presentara ó concurso de beleza Camariñas Beauty, cousa que quedou pendente. Así, o partido transcurría nos seus primeiros minutos coa superioridade clara do Camariñas que iba por enriba no marcador ata que un baixón físico dos camariñáns secundado por un bo segundo cuarto de hora dos carballeses (que máis ben parecían coruñeses pola sua maneira de falar, moi típica da Costa da Morte) fixeron que o Camariñas se fora ao vestiario con unha desvantaxe de 12 goles.

Un bombón ben cremoso arbitral
Un bombón ben cremoso arbitral

Despois do descanso os pupilos de Tony García saíron un pouco máis centrados á pista polideportiva da Ponte do Porto aínda que o Xiria tamén estaba no seu sitio e a diferenza de puntuación era considerable. Así transcurrío o partido ata que chegou a expulsión de Kin Canosa por ter unhas palabras cun seguidor do Xiria que estaba nas gradas. Este carballés demostrou ter ben pouca educación, insultando a Kin dende as bancadas. No segundo cuarto desta segunda parte o C.B. Camariñas comezou unha increíble escalada no marcador na que chegou a metererse a tan só dous tantos do Xiria que estaba desarbolado e pouco podía facer contra a bravura dos camariñáns que tiveron a oportunidade de meterse a tan só un tanto e probablemente gañar o partido nunha oportunidade que tivo Felipe ao fallar un tiro só ante o porteiro do Xiria (que fixo un gran partido). Despois desta oportunidade o Xiria comezou a controlar un pouco máis o partido neses 4 minutos que faltaban e chegouse ao resultado final de 30 para o Camariñas e 33 para os de Carballo. A pesar de que o partido foi tenso e moi disputado os xogadores de ambos equipos fundíronse nun abrazo mutuo e o público que abarrotaba o novo pavillón da Ponte aplaudío este xesto moi animadamente. Un verdadeiro exemplo de equipo camariñán. En fin, un partido espectacular entre os dous representantes da Costa da Morte. Unha Costa da Morte que nadie sabe moi ben ata onde vai a chegar. Cada día hai un límite novo, unha nova fronteira... e é que, como o universo, a Costa da Morte está en expansión continua hacia o infinito. Esperemos que non acabe todo nun Big Bang.

Engadir un comentario