1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Comezaban hai un par de semanas os adestramentos do FC Camariñas Base dos adestradores Ordoñez e Alberto cuns rapaces cheos de ilusión por comezar a tempada 2018/19. Pero a desgracia cebábase co equipo dos benxamíns e no adestramento deste luns pasado, nunha caída fortuita, o central xaviñán Dani Castro sofría unha gravísima lesión que tuvo como consecuencia a fractura do cúbito e o radio do seu brazo dereito. Inmediantamente foron avisados os servizos médicos pero debido á falta de ambulancias no PAC de Vimianzo decidíuse trasladar ao pequeno deportista en coches particulares ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Alí os facultativos tiveron que operar de urxencia ao xenial centrocampista da canteira do FC Camariñas para evitar males maiores. Poucas horas despois Dani Castro era dado de alta e trasladado ata a súa casa de Xaviña onde se está a recuperar de tan grave lesión. No derradeiro partido amistoso que enfrontaba aos benxamíns do FC Camariñas co Vimianzo os compañeiros de Dani quixeron ter un xesto co seu amigo e adicáronlle un homenaxe antes de desputar o encontro. Os rapaces de Ordoñez e Alberto regaláronlle un balón de fútbol ao seu compañeiro desexándolle ante un público emocionado unha pronta recuperación. E dende esta redacción tamén queremos sumarnos ao noble detalle dos benxamíns do FC Camariñas para ver a Dani canto antes xogando ao seu deporte favorito. Moito ánimo Dani!!

Engadir un comentario