Na mañán deste domingo 27 de maio dábanse cita na Praza do Mercado de Camariñas preto de 200 ciclistas para participar na 5ª Marcha BTT da Caramiña. Nesta edición organizada polo Concello de Camariñas e os Baikers do Vilán o traxecto constaba de preto de 60 kilómetros ao longo de gran parte de pistas forestais do concello. A saída producías a partires das 9:30 da mañá deste domingo 27 de maio. Facía os honores co disparo de saída o alcalde de La Turballe, que se encontraba na vila das palilleiras para formalizar o irmamento desta vila francesa con Camariñas. Acompañaban ao máximo dirixente desta vila francesa o concelleiro de deportes José Manuel Canosa Campaña e o alcalde camariñán Pichurri como representantes do consistorio da vila das palilleiras. E volvían a ausentarse doutro importante evento deportivo os concelleiros do PP de Camariñas. Resulta verdadeiramente lamentable ver como unha e outra vez os representantes do PP neste concello abandonan as súas responsabilidades representativas sobretodo cando temos en Camariñas aos dirixentes dun concello extranxeiro cos que nos acabamos de irmanar. Unha actitude, aparte de irresponsable, vergonzosa e impropia de alguén que aspira a representar a todo un concello. A parte deste lamentable episodio, ahí saíron preto de 200 ciclistas con toda en banda para percorrer esos 54,8 kilómetros desta cita cicloturista camariñana calificada como de dificultade media-alta.

Pasadas preto de dúas horas e media do pistoletazo de saída comezaban a chegar os primeiros corredores que cruzaban a liña de meta situada no porto de Camariñas. O primeiro posto foi para JJ Leis Mosquera, deportista provinte de Santiago de Compostela e un dos mellores corredores desta especialidade dentro da comunidade autónoma de Galicia. Tan só 30 segundos despois chegaba o camariñán Brais Triñanes que facía un espectacular tempo pisándolle os talóns a Leis. E pouco máis de 10 segundos atrás no cronómetro chegaba a liña de meta outro deportista camariñán que traía para Camariñas a terceira posición nunha carreira emocionante e desputada como poucas no que dous camariñáns conseguiron facer podium diante duns corredores de primeiro nivel. Toda unha fazaña. Dende esta redacción queremos felicitar aos organizadores desta quinta edición da xa clásica BTT da Caramiña polo gran traballo realizado na realización desta gran carreira. Noraboa.

Engadir un comentario