1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Hai unha semana os nenos prebenxamíns do FC Camariñas facían historia gañando o doblete: Título de liga e título de Copa da Costa no seu primeiro ano de vida nun fito histórico nunca antes conseguido por ningún equipo prebenxamín en toda a vida do fútbol camariñán. E hoxe terán o seu xusto premio participando como representantes únicos da Costa da Morte na Fase Final por Concentración Prebenxamín que se celebra este sábado na localidade de Negreira. Así os nosos HÉROES CAMARIÑÁNS culminarán unha impresionante temporada na que, como dicíamos anterioremente, conseguiron traer a Camariñas o doblete. Será moi dificil se non imposible, tal e como dicía o míster na charla antes do primeiro partido, que esto se repita nun futuro, así que sólo vos queda desfrutar. Os encontros desputaranse contra escuadras con presupostos estratosféricos, plantillas de adestradores profesionais, concellos volcados co fútbol e grandes patrocinadores empresariales que apoian económicamente aos seus pequenos veciños (non como os lamentables exemplos que vemos en Camariñas) Así e todo aquí están os nosos rapaces prebenxamíns do FC Camariñas para calar todas esas bocas e para representar o deporte rei da Costa da Morte cunha escola de fútbol con tan só 10 meses de vida. Toda unha xesta propia duns héroes que, como dicía a canción mítica do finado David Bowie, tan só o serán por un día. Sin embargo para nos serán HÉROES CAMARIÑÁNS POR SEMPRE.

 

Programa da Intercomarcal Prebenxamín en Negreira

Engadir un comentario