1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Despois dunha dura liga e de non perder nen un só partido chegaban os nenos do FC Camariñas prebenxamíns con todas as opcións para levarse o título ligueiro no campo do Xallas, terceiro clasificado. Todo apuntaba a un partido moi igualado pero ao comenzo deste o Xalllas, moi motivado e cuns xogadores escepcionales,  encontráronse con un sorpresivo marcador favorable de 4 a 0. Catro chegadas e catro goles mediada a primeira metade que afundían os ánimos dos pequerrechos do Camariñas que vían cheos de pena como o soño se esfumaba. Pero estes nenos son uns campeón e lévano na sangue, non se rendiron e conseguiron chegar ao descanso marcando un gol que lles inyectou unha adrenalina que os fixo saltar polos aires de moral para empezar a segunda metade decisiva.

Pero o reto era caseque imposible, toda unha xesta. Remontar un 4 a 1 para conseguir a victoria que era a única vía para lograr a consecución do título de liga. Unha xogada maestra do míster Luis de Kecha foi o detonante para que nada más comenzar a segunda metade os héroes prebenxamíns lograran anotar dous goles e poñer patas arriba o encontro cun asedio a unha portería do Xallas totalmente desarbolada.

E neso chegaba o cuarto gol mediada a segunda parte que poñía o merecido empate no marcador. De repente un auténtico vendabal de fútbol desarbolaba aos locales. Os nenos do FC camariñas, auténticos jabatos cheos de amor propio conseguían darlle a volta ao partido e poñer enriba da mesa un resultado de 4 a 7. A locura desatabase nos siareiros camariñáns desprazados ata esas terras no medio de Santa Comba, onde Xesús Noso Señor perdío as zapatillas.

Unha auténtica hazaña a destes pequenos futbolistas. Ouro en paño que debe ser coidado e mimado tanto polo club como polas institucións. Nos desde aquí seremos os guardiáns de que se faga xustiza e se axude a estes pequenos. Porque, si se chega a facer esta xesta noutro deporte...

Clasificación Final Liga Prebenxamín F8 Costa da Morte

Engadir un comentario