1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Intentamos non incluír o factor arbitraxe na crónica post-partido (en ningún outro se mencionou) pero resultou imposible. O partido foi moi disputado e cos 2 equipos apostando polas súas armas: nós desplegando un moi bo xogo dinámico con diferentes variantes non deixando que a súa defensa estivera cómoda, i eles con accións máis individuais e buscando o pivote na zona central. Sempre con ventaxas de 3,4,5 goles para Camariñas ata o 23-20 a falta de 8 minutos. A partir de ahí, non sendo capaces de cerrar o partido con varios fallos de lanzamento en claros contraataques, os visitantes consiguen acercarse explotando o 2x2 no centro, onde se notan máis as baixas pola nosa parte. E con 24-23, e a falta de 5 minutos, a arbitraxe non nos permite disputar o resultado en igualdade de condicións. Penaltis i exclusións sin sentido que nos sacan do encontro.  Conclusión: gran partido, gran xogo e derrota que nos deixa con cara de parvos despois do ocurrido no tramo final. Esta fin de semana descanso pola festividade, e volveremos a xogar como locais o 7 de Abril ante o 6 do Nadal nun partido vital para o futuro.

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA:


1ª Nacional: BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 25 - 27 BM. SAEPLAST CAÑIZA
2ª Autonómica Femenina: CORETI LALÍN 37 - 20 ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA
Cadete Femenina: BM CAÑIZA CONTRUCCIÓN OS DO COUTO 43 - 25 BM CAMARIÑAS
Cadete Masculino: BM. VIVEIRO GALIPIZZA 32 - 31 BM CAMARIÑAS
Infantil Masculino: BM CAMARIÑAS 17 - 19 MARMOLERIA JOSE REY XIRIA
Infantil Femenino: BM CAMARIÑAS 30 - 27 PUNTA DEL ESTE XIRIA

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.