1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dende o Concello de Camariñas envíanos José Manuel Canosa Campaña, Concelleiro de Deportes e artífice deste fito histórico conseguido na VII Carreira Pedestre do Concello de Camariñas, unha nota onde nos conta o que está a piques de pasar na mañán deste domingo 25 de febreiro de 2018, un feito histórico dende que alá polo 2012 Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo" comezara con este evento noutra data para a lembranza no noso concello. E é que non é para menos, porque preto de un millar de deportistas encherán a vila dos encaixes para practicar o seu deporte favorito, acompañados de familiares e amigos que abarrotarán as rúas de Camariñas. Nesta nota que nos envía noso querido amigo Campaña, coméntanos todos os horarios dos circuitos programados así como algunha das curiosidades deste evento que marcará un antes e un despois nos eventos deste tipo en toda a Costa da Morte. Noraboa Campaña!

900 deportistas encherán Camariñas na Carreira Pedestre do concello


Este vindeiro domingo 25 de Marzo dispútase a VII Carreira Pedestre Concello de Camariñas. Lonxe queda xá aquela primeira edicion no 2012, pioneira na Costa da Morte, e que no 2018 chega a un record de inscripcions impresionante, donde case 900 personas estan inscritos na carreira camariñana. O Domingo vai ser un dia grande para o noso pobo,donde se ateigará de visitantes con motivo da carreira,será unha impresionante festa do deporte,e por decontado un potente impulso económico o sector turístico da nosa vila.

As carreiras comezarán as 10:15 coa proba dos Alevíns,que lles seguirá as 10:30 a carreira dos Benxamíns. As 10:45 será o primeiro prato forte coa disputa da carreira 3K Contra o Cancro que bate record de inscripcions.Unha das citas mais emocionantes será as 11:30 coa participacion dos mais pequenos,a carreira dos Pitufos que ano tras anos enche de ledicia a pais e nenos,nunha carreira donde participan en conxunto.

A proba raíña terá a sua saída as 12:00, donde os mais de 400 inscritos disputaránse a proba dos 10K, nun recorrido que discorre por impresionantes paraxes,recoñecida pola maioria dos particapantes do Circuito Costa da Morte coma a carreira mais bonita.

A Carreira programa para o pasado 11 de Marzo tivera que suspenderse polo temporal, e que con motivo da celebracion do Dia Internacional da Muller, a camiseta oficial da Carreira levaba o seu logo impreso como recoñecemento. Este Domingo as previsions metereoloxicas son inmellorables, o que fará que Camariñas sexa unha impresionante festa do deporte.

José Manuel Canosa Campaña
Concelleiro de Deportes do Concello de Camariñas

Cartel da VII Carreira Pedestre de Camariñas

Engadir un comentario