1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
¿Algún dos nosos queridos lectores sabe os quilómetros que hai dende Camariñas ata Muros? Pois aquí, os nenos da Escola de Fútbol do FC Camariñas sábeno ben: preto de 70 km ida e outros tantos de volta, e non de autopista, se non de escarpadas carreteiras secundarias cheas de baches e de curvas que fan que os nenos cheguen caseque a tombos para xogar o seu deporte favorito. E fano nos coches dos seus pais, que teñen que deixar de traballar para levar aos seus fillos a practicar o seu deporte favorito. Un caso único en toda a provincia e dos poucos de Galicia. Aínda así, ahí están unha ducia de pais mantendo toda a infraestructura que conleva unha canteira cas axudas de dous pares de empresas e toda a ilusión duns nenos. Esta ilusión é o que realmente fai que se manteña viva a Escola de Fútbol do FC Camariñas e que fará que sobreviva a todas as adversidades.

Con respecto aos resultados da fin de semana hai que decir que houbo de todo. Os prebenxamíns, dos que falábamos anteriormente, conseguiron outro impresionante triunfo por 1 a 7 contra os Miúdos de Muros, contando os seus partidos desputados por victorias. Así os máis pequenos do FC Camariñas siguen aupándose na segunda posición da táboa clasificatoria empatados a puntos co líder o Sofán Afición. Da gusto ver cómo se desarrollan como futbolistas estes pequenos que cada fin de semana nos dan unha auténtica lección de deportividade abrazándose en cada final de partido cos seus rivales.

A pesar da derrota dos xuveniles do FC Camariñas fronte ao San Lorenzo, temos que darlle a noraboa a estes chavales que xogan á par entre esta categoría e a dos cadetes do FC Camariñas desputando cada fin de semana un auténtico maratón de partidos. Da gusto ver a ilusión que envolve a estes rapaces cando se enfundan a camisola do FC Camariñas e loitan como jabatos cada partido, e o máis importante, que mentras estes rapaces están xogando ou adestrando no Hermanas Patiño son menos vulnerables a ser atrapados pola lacra da droga que volve a ser o gran problema en Camariñas na actualidade.

E xa para rematar comentar brevemente o partido desputado este domingo no Hermanas Patiño no que se enfrontaban os nosos fronte a un rival directo como o Buño. Decepcionaba outra vez o equipo camariñán ao perder por 0 a 3 e enfílase caseque definitivamente cara terceira rexional. Algo inaudito nun clube da solera e prestixio do FC Camariñas que se atopa nunha vergonzosa penúltima posición de descenso directo, que tan só sería evitable cunha carambola de última hora acompañada por 5 victorias consecutivas dos nosos. Menos mal que estará a canteira da Escola de Fútbol do FC Camariñas (que manteñen os pais e nais cos seus cartos) para enmendar este desolador panorama. Pero eso si, farán falta uns cantos anos máis.

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA


Senior: FC Camariñas 0 - 3 Buño
Xuveniles: San Lorenzo 12 - 0 FC Camariñas
Cadetes (Venres): FC Camariñas 4 - 2 Sofán
Cadetes (Domingo): UC Cee 3 - 3 FC Camariñas
Prebenxamíns: EF Miudos A 1 - 7 FC Camairñas

VIDEO PREBENXAMÍNS - MIUDOS A VS FC CAMARIÑAS


Engadir un comentario