1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Derbi provincial que rematou coa sensación, como últimamente vén acontecendo, de que se nos escaparon 2 puntos ante un rival que nin foi superior. Sí que foi máis intelixente i efectivo en momentos claves facendo inclinar o partido para o seu lado. Comezou igualado o encontro ata o minuto 20 no que os locais dispoñían da maior renda (14-8), reaccionando nese intre (coincidindo coa entrada dos aficionados camariñáns Boya Blues), para irse ao descanso 14-12.

Boa saída do vestiario (15-15), momento no que tivemos varias opcións de romper o marcador pero por diferentes circunstancias non o fixemos. Recompúxose o Oar conseguindo manter diferencias de 2 goles ata os últimos minutos. Tentámolo todo pero o equipo exprimido non foi capaz de conseguir a remontada. O mellor, a sensación de non ser inferiores no campo e moito menos na bancada, pero o peor, outra derrota que nos estanca nos 16 puntos, aínda nunha posición cómoda. Para este sábado, derbi comarcal ante o Xiria de Carballo, que non chega no noso mellor momento pero que o pelearemos ante a nosa afición (18,30)

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA:


1ª Nacional: O. A. R CORUÑA 27 - 23 BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA
2ª Autonómica Femenina: ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 21 - 23 MECALIA ATL. GUARDÉS
Cadete Femenina: BM CAMARIÑAS 38 - 39 BM PORRIÑO
Cadete Masculino: ARTEIXO BALONMÁN MARUXÍA ASESORES 37 - 23 BM CAMARIÑAS
Infantil Masculino: BM CAMARIÑAS 25 - 23 BM LUCUS
Infantil Femenina: BM CAMARIÑAS 21 - 21 BM LUCUS
Alevin Mixta: O BM CAMARIÑAS A perdeu os 4 cuartos contra o CENTROS IDEAL ARTEIXO B
Benxamín Mixta: BM CAMARIÑAS A perdeu os 4 cuartos contra o CLÍNICA DENTAL PICO BLANCO XIRIA

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.