1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Chega finalmente o encontro máis importante dos derradeiros anos na historia do FC Camariñas. Os chavales de Tono enfróntanse este domingo 4 de marzo ás 17:00 no Hermanas Patiño a todo un aspirante ao título ata fai ben pouco como era o Baiñas. O FC Camariñas xógase todo a unha carta ante este sorprendente conxunto soneirán, segundo na táboa clasificatoria, e os nosos deberán ter o apoio incondicional de toda a gran afección futboleira camariñana para tratar de levarse os tres puntos. O destino do Camariñas só ten dous camiños posibles neste encontro: si o equipo da vila das palilleiras consigue lograr un resultado positivo dará un peto na mesa que amedrentará aos seus rivales máis directos. Se pola contra o noso equipo non consigue sacar adiante este partido verano como a presa ferida de morte coa cal os seus máis directos contrincantes non terán piedade ata esnaquizalo. Así as cousas, queridos amigos e afeccioados ao fútbol, este domingo 4 de marzo a directiva do FC Camariñas quere facer un chamamento a toda a afección para que asistan en masa ao Estadio Municipal Hermanas Patiño e así levar en volandas aos seus xogadores para lograr a vital victoria contra este duro rival dándonos deste xeito alas para acadar a tan ansiada e definitiva permanencia. Nas mans (mellor dito nos pes) dos nosos futbolistas está. Todos a apoiar ao FC Camariñas!!

Cartel FC Camarinas vs Bainas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.