1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Derrota na casa nun partido condicionado pola plaga de lesións. Empezou moi forte o Lavadores índose no marcador de ata 8 goles (7/15) no min 18. Un cambio de sistema defensivo fixo reaccionar aos locais chegando ao descanso 15/19. Moitos goles encaixados para un equipo basado na defensa. Saíu mellor o equipo na segunda parte conseguindo poñerse 1 arriba no min 45. Nese intre tivemos varias oportunidades para abrir brecha pero non fomos capaces.

A partir de entonces, e sin cambios, o equipo pagou o esforzo de todo o partido e o ritmo alto deste, aproveitándoo o rival para conseguir os 2 puntos. Gran esforzo dos xogadores digno de eloxio que o intentou todo ata a extenuación. E gran ambiente e animación na grada como sempre, especialmente os Boya Blues. Esperamos ir recuperando efectivos nas vindeiras xornadas que nos permitan competir en igualdade de condicións. Para a semana ante o Oar Coruña (Pavillón San Francisco Javier ás 20h)

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA:


1ª Nacional: BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 24 - 31 VILATRADE BM. LAVADORES
Cadete Femenina: MECALIA ATL. GUARDÉS 37 - 23 BM CAMARIÑAS
Cadete Masculino: BM CAMARIÑAS 36 - 22 BM VIVEIRO GALIPIZZA
Infantil Masculino: ARTEIXO BALONMÁN TELEPIZZA 24 - 21 BM CAMARIÑAS
Infantil Femenina: PARRILLADA LA RONDA RC ARTEIXO 22 - 13 BM CAMARIÑAS

Engadir un comentario