Complícanse un pouco máis a vida os nosos chavales do equipo senior do FC Camariñas despois de traer de Zas unha dolorosa derrota contra un dos equipos que terán que loitar ata o final por esa tan desexada permanencia. Aos de Tono agardanlle agora dous partidos complicados nos que se terán que enfrontarse primeiro ao Baiñas, segundo na clasificación, e despois ao LIra que tamén anda ahí a poucos puntos do FC Camariñas. Todo por decidir aínda para os nosos. Esperemos que veñan pronto os resultados positivos.

Con respecto á canteira do FC Camariñas tan só lembrar os resultados desta fin de semana nos que houbo de todo. Mentras os xuveniles levaban un duro correctivo do Fisterra no Hermanas Patiño, os cadetes traían de Malpica un importante empate que enchía de moral aos nosos rapaces. As nosas queridas guerreiras do equipo alevín colleitaban unha derrota contra os seus veciños de As Baleas e os benxamíns tamén colleitaronunha derrota ante o Outes CF. Pero a sorpresa da xornada saltaba tamén neste categoría cando os rapaces de Diego conseguían empatar cos seus amigos das Baleas por 2 a 2 no Areal nun encontro vibrante e cheo de alternaticvas no que os do FC, case todos prebenxamíns e moi inferiores físicamente, loitaron de ti a ti contra os seus compañeiros de escola. Un gran encotro que fixo vibrar como nunca o pavillón do Areal.

E xa para rematar nomear outra vez aos prebenxamíns que lograron o empate coas Baleas, pero que na súa categoría están tendo unha proxección moi importante. No derradeiro partido contra o Outes FC no Estadio Hermanas Patiño lograron unha importante victoria por 5 a 0 que os mantén no liderato da liga. Andan por aquí comentando que esta xeración de pequenos futbolistas teñen un futuro moi prometedor. Todos e cada un deles están a lograr que se volva uns pais se volvan a ilusionar cun deporte e cun equipo que tiñamos caseque esquecido. A canteira promete, pero hai que coidala moito por parte de todos os implicados na educación dos máis pequenos e asegurar así o seu futuro.

Resultados da semana:


Senior: SP Zas 2 - 1 FC Camariñas
Xuveniles: FC Camariñas 1 - 5 SD Fisterra
Cadetes: SCD Malpica 3 - 3 FC Camariñas
Alevíns: FC Camariñas 0 - 10 As Baleas
Benxamíns: FC Camariñas 3 - 5 Outes CF
Benxamíns: FC Camariñas 2 - 2 As Baleas
Prebenxamíns: FC Camariñas 5 - 0 Outes CF

FC Camariñas vs Outes CF - Prebenxamíns


Engadir un comentario