1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As categorías benxamín e biberón do FC Camariñas estreáronse esta semana nas súas respectivas ligas. Os máis pequeniños do club camariñán tiveron unha posta de gala no Pavillón Municipal de Camariñas fronte aos pequerrechos do Cee que se levaron a victoria. A pesar de todo hai que recoñecer o gran traballo dos rapaciños e rapaciñas camariñáns que lograron anotar 4 auténticos golazos. Finalmente o resultado final foi de 4 a 9 a prol do conxunto visitante. O próximo partido dos biberóns, que supoñen a base do futuro máis inmediato da canteira do FC Camariñas, está aínda por determinar, dato do cal daremos conta na nosa páxina de Facebook próximamente. Esperemos que todos os responsables, tanto directivos como deportivos estean á altura para lograr unha boa cimentación desta sección de biberóns que son, como dicíamos, o futuro máis inmediato que fará que esta escola de fútbol cuaxe realmente. Nas súas mans está.

Con respecto aos prebenxamíns comentar que comezan este sábado 17 de febreiro a súa correspondente liga. Os rapaciños pre estiveron axudando na liga superior de benxamíns na que resultaron ser unha das claras revelacións do campionato chegando a gañar ata 3 encontros a rapaces de 2 a 3 anos superiores en idade. O derradeiro partido desputado por estes bravos camariñáns desputouse no campo do EFC Carnota onde os nosos conseguiron espetarlles na primeira parte un parcial de 4 goles a 0. Despois, na segunda parte, os benxamíns da Vila das Palilleiras, xa moi relaxados, trouxeron para Camariñas un marcador favorable de 3 a 4 conseguindo para o FC Camariñas outra máis victoria para o seu casilleiro. Comezan agora a súa correspondente liga que por idade lles compete. Unha gran oportunidade para ver o verdadeiro potencial deste equipiño de pequenos futbolístas que, coma sempre decimos, cada xornada nos enseñan aos maiores toda unha lección de dedicación, deportividade e compañeirismo. 

EFC Carnota vs FC Camariñas


Engadir un comentario