Todo o duro traballo ten o seu premio. Despois de interminables xestións necesarias para levala a cabo, a escola de fútbol do FC Camariñas vai camiño xa da súa consolidación definitiva como un dos referentes das canteiras futbolísticas da Costa da Morte. Con preto de cen nenos e nenas que, equipados con todo o necesario, practican seu deporte favorito baixo a supervisión de 5 adestradores cos seus respectivos colaboradores adicados ao desenrolo desta canteira. Nunhas instalacións envidiables, uns pais totalmente volcados no proxecto e unha moi boa relación co Concello de Camariñas así como a importantísima axuda de algunhas empresas como Hotel O Parranda, Diego Alonso FotógrafoRestaurante O Ariño, ElectroRayma ou Viendote Crecer Fotografía Infantil levan a pensar en que a escola de fútbol do FC Camariñas marcará un antes e un despois no mundillo deportivo dentro do concello. Camarinas.eu tamén procurou aportar o seu gran de area neste gran proxecto, sobretodo na publicitación da gran Inauguración da Escola de Fútbol do FC Camariñas presentada polo noso amigo e mestre Marcial Mouzo, así como tamén publicando os carteles dos que tiña coñecemento para anunciar os partidos, publicando algúns videos, fotos e crónicas que os pais lles facían chegar, etc... traballando en conxunto cuns pais e unha directiva que necesitaba todo o apoio mediático para facerse ver no mundo. E así o fixemos.

Par formar parte da Escola de Fútbol do FC Camariñas poden poñerse en contacto coa directiva do FC Camariñas no teléfono 600872463

En recentes conversacións desta redacción con altos directivos do FC Camariñas foi recalcada a gran importancia que vai a ter a Escola de Fútbol dentro do propio club como a maior aposta de futuro para enderezar novamente unha senda que se vío, ao fin e á postre, foi totalmente equivocada por non dicir desastrosa: o de premiar as fichaxes de xogadores foráneos fronte ao sistema de crear canteira de futbolistas da casa dende idades moi tempranas. Deste xeito a directiva está reconducindo pouco a pouco ao FC Camariñas polos cauces naturais do que debe de ser un modesto equipo de fútbol de liga rexional con unhas capacidades económicas limitadas.

Despois dun gran traballo entre os pais e nais que se volcaron coa directiva para concluir finalmente o organigrama das categorías inferiores do FC Camariñas só queda que se siga a liña de ruta marcada, conseguir unha unión entre todos os directivos, pais, empresas colaboradoras e concello que solden finalmente o proxecto. E finalmente conseguir das administracións unhas axudas necesarias para a consecución e implantación final da canteira do FC Camariñas no ámbito educacional de todo o territorio municipal.

E resultado de todo este traballo, por poñer un exemplo e sempre sen menospreciar ao resto de categorías, temos ao equipo pre-benxamín do FC Camariñas que resultou ser nestas últimas datas o auténtico equipo revelación da liga benxamín da Costa da Morte, desputando encontros de altísimo nivel a pesar de levar poucos meses de adestramento dende a fundación das categorías inferiores do FC Camariñas a finales do ano pasado, e conseguindo en varias ocasións traer un resultado óptimo das súas saídas a domicilio.

Incluso estes bravos xogadores prebenxamíns foron quen de gañar varios partidos, tal e como aconteceu no último encotro desputado ante o Villa de Cee no polideportivo municipal da Ponte do Porto no que os nosos puxeron patas arriba a liga anotando no marcador un contundente 3 a 1. Unha xesta sen precedentes na Costa da Morte xa que hai que ter en conta que estes nenos están competindo nunha liga superior á que lle corresponde por idade. Así por exemplo, cando no equipo prebenxamín do FC Camariñas están xogando nenos de 6 anos (Pablo Rodríguez) ou 7, na maioría de conxuntos que están desputando a mesma liga teñen en platiñña a fornidos chavales feitos e dereitos de ata 10 anos, coa súa comunión feitiña e camiño da confirmación na fé católica.

Coa consolidación da Escola do FC Camariñas o futbol base no concello xamáis volverá a ser propiedade en exclusiva dunha sóa persoa.

Tamén cabe destacar que estes mesmos nenos camariñáns que loitan nunha liga superiror de fútbol sala, compiten ao mesmo tempo noutra de fútbol herba que está sendo as delicias de todos os afeccionados ao deporte rey en Camariñas. Algo que, por outra parte, preocupa un pouquiño a algúns pais polas estresantes xornadas semanais de encontros e adestramentos que hai que compatibilizar cos seus prioritarios estudios. E por iso dende aquí queremos felicitar a todos os nosos nenos e animalos con todas as nosas forzas agora que está a piques de comenzar a liga que verdadeiramente lles corresponde por idade.

A mediados deste mes de febreiro comeza a prebenxamín da costa e poderemos ver estes pequenos futbolistas competir en igualdade de condicións. Unha liga que se espera apasionante e que esperamos que os nosos nenos xoguen como o fixeron ata o de agora, con respeto ao rival, educación, compañeirismo, bo facer e adicándolle toda a ilusión que os levou ata onde están: Sendo o equipo que marque a nova senda que emprendéu con gran acerto o FC Camariñas coa creaación da súa Escola de Fútbol. Noraboa campións!

FC Camariñas vs Villa de Cee - Liga FS Benxamín


NOTA DE REDACCIÓN: Camarinas.eu non ten comunicación algunha dos resultados e vindeiros partidos desputados polas demáis categorías do FC Camariñas. Os videos e fotos que podedes ver nesta web son as que nos envían varios pais de nenos do equipo prebenxamín. Hai uns meses que se solicitou dende esta redacción directamente á directiva do FC Camariñas que nos enviasen por email por parte dos adestradores tanto as cronicas como algunha foto de todos os encontros para así dar publicacións periódicas e axudar no coñcecemento público do gran traballo que se está a facer dende o club camariñán co apoio dos pais. A resposta do FC Camariñas foi que se estaba a preparar o sevizo de prensa do FC Camariñas para atender a todos os medios de comunicación mandando periódicas notas de prensa de todos os partidos e actos que o club teña a ben publicitar.

Camarinas.eu ten constancia de que a principios do mes de decembro de 2017 nunha reunión celebrada nas instalacións do club se lle trasladou aos adestradores e responsables deportivos un documento solicitando a súa colaboración para tratar de levar a cabo a posta en marcha do servizo de prensa do FC Camariñas. Pasados dous meses non tivemos nesta web notificación oficial algunha dende o servizo de prensa do club da Vila das Palilleiras polo que esperamos que pronto se poña en funciomamento.

Esta web sempre estivo a disposición total de todos os equipos deportivos do Concello de Camariñas. Tanto co balonmán naquela inesquecible Fase de Ascenso que foi obxecto dun exhaustivo seguimento por parte desta web sen precedentes na Costa da Morte, como co fútbol coa recente creación da tan ansiada como necesitada Escola de Fútbol do FC Camariñas. A linea editorial deste medio de comunicación foi sempre a dun total apoio a todos os clubes deportivos, e tamén a esta gran iniciativa que tanto traballo costou levar a cabo por parte do grupo humano que conforman tanto a directiva como os pais e nais implicados neste proxecto. Ben o saben dende a da directiva do FC Camariñas á cal esta redacción mostrará sempre un apoio total e inquebrantable. 

Engadir un comentario