1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Empezamos imprecisos en ataque pero ben en defensa, formando un bloque sólido a partir do cal ter a paciencia necesaria para conseguir situacións de lanzamento máis claras. Así foi, o equipo foi collendo confianza en ataque colectivamente e poder irse ao descanso 10-15.

No comezo da segunda metade o equipo local intentou facer un arreón para acercarse no marcador, pero o equipo estaba de novo ben plantado defensivamente, portería incluída, e en ataque mellorando o xogo, máis ordenado e intelixente, a pesar das variantes que intentou ofrecer o BM Porriño. Ao final, 9 arriba.

Con esta victoria culminamos o obxectivo marcado de ganar os 3 partidos pasados e que nos permiten encarar o futuro con máis tranquilidade, xa que nos atopamos 9 puntos por enriba do descenso e con moita confianza para seguir facendo as cousas ben.
Próxima parada, en Ponte do Porto ás 18,30, ante o BM Lalín. Máis e mellor!!!

Engadir un comentario