1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pese a ter menos de uns meses de vida, a Escola de Fútbol do FC Camariñas está a colleitar cada día mellores resultados deportivos. O traballo alineado e serio tanto da directiva, equipo técnico, pais e chavales dos diversos equipos comeza a dar os froitos que asegurarán o futuro do fútbol base dentro do noso concello. E nese sentido é por onde se está a traballar máis arreo dende o club que ve, moi acertadamente, que con esta forma de entender un deporte de masas como é o fútbol consíguense máis éxitos que co xa descartado sistema de fichaxes que levou ao borde da quiebra a tantos conxuntos ao longo do territorio galego. E Camarinas.eu, consciente do duro traballo que se está a facer dende o FC Camariñas e os pais de moitos dos nenos para levar a cabo a consolidadción do proxecto, aquí está tamén para aportar o seu gran de area.

E si temos que poñer un exemplo do conseguido en este breve lapso de vida da Escola de Fútbol do FC Camariñas podemos nomear, por poñer un caso, a esmerada labor dos pre-benxamíns da vila das palilleiras que, pouco a pouco, foi consolidándose a base de duro traballo e sacrificio por parte dos nenos do equipo e dos responsables técnicos. Así, a pesar de estar xogando na categoría benxamín de fútbol herba que realmente non é a que lles pertence por idade e ter que estar enfrontandose a rapaces de máis de dous anos maiores cos nosos, os nenos do FC Camariñas están conseguindo uns resultados realmente moi satisfactorios en canto a resultados e a xogo, porque en traballo xa teñen gañada a admiración de todo un afección que os acompaña a todos os seus encontros. No derradeiro partido que desputaron os nenos pre-benxamíns do Camariñas enfrontaron aos nosos contra os seus veciños do CF Muxía e que realizaron un bonito partido que rematou coa victoria dos camariñáns por un total de 9 a 1.

Para apuntarse na Escola de Fútbol do FC Camariñas tan só tendes que poñervos en contacto co teléfono 600872463 (Maitiña)

Mención tamén para a categoría cadete que, despois de varias xornadas moi negativas, este domingo estiveron a punto de facer saltar a banca polos aires. Enfrontánbase os camariñáns nun difícil desprazamento ao Esteirana e o adestrador Saviola tan só dispuxo de 10 chavales para este complicado encontro onde os esperaba o líder absoluto da categoría. Pero así e todo os camariñáns, auténticos héroes do deporte rei, foron quen de plantarlle cara ao equipazo do sur e perder por tan só un gol de diferencia contra un equipo moi superior con moitos cambios á súa disposición. E aínda incluso tiveron oportunidades para traer para Camariñas un punto de Esteiro aínda que finalmente non pudo consumarse o que sería unha auténtica proeza. Hai que ter en conta que a maioría deses rapaces camariñáns que se enfrontaron ao líder tiveran un dificil encontro o día anterior e horas despois voltaron a levantarse cedo para irse ata Esteiro. Noraboa por ese gran traballo que estades a facer chavales. Ánimo campións!

Próxima xornada da Escola de Fútbol do FC Camariñas:


O vindeiro fin de semana comezarán a xornada os xuveniles que recibirán a visita do líder CF Corme a partir das 4 da tarde. E será na mañán do domingo cando se celebren os encontros dos cadetes e os benxamíns. Oos rapaces da categoría cadete terán outra difícil papelete contra outro dos gallitos da categoría como é o Sofán. Desta volta xogarán na casa animados polos seus incondicionais que seguro os levarán en volandas. Será no Estadio Hermanas PAtiño a partir das 12 da mañán. E xusto despois os pre-benxamíns do FC Camariñas enfrontaranse aos Miudos B de Muros nun encontro no que os nosos pequenos terán a oportunidade de deleitarnos outra vez co seu característico bo xogo en fútbol herba.

Resumo do partido entre o FC Camariñas vs CF Muxía (Benxamíns)


Engadir un comentario