A labor seria e responsable de todo o corpo técnico, directiva e nais e pais comeza a dar os seus primeiros froitos. Despois do gran traballo que resultou coa consecución da Escola de Fútbol do FC Camariñas os nenos desta gran familia ven recompensado o seu esforzo. Este mércores festivo, primeiro de novembro de 2017, os benxamíns do FC Camariñas enfrontábanse ao pequenos do Carnota no Estadio Municipal Hermanas Patiño. Alí, no mítico céspede camariñán que deu tantas e tantas alegrías a todo un pobo, os nenos da canteira conseguiron o seu primeiro triunfo despois dun desputado partido que rematou en victoria dos nenos do FC Camariñas. Un gran triunfo dos nosos nenos que poñe de manifesto que un clube unido no que todos traballan e reman nunha mesma dirección acaba finalmente conquerindo resultados positivos. Aínda así é vital recalcar que o máis importante de todo este traballo que se está a levar a cabo tanto por parte de todos os integrantes do FC Camariñas como dos pais e nais dos nenos, son os valores que se lle están a inculcar aos alumnos da escola de fútbol por parte do corpo técnico: amor polo deporte, respeto polo rival, compañeirismo, traballo, dedicación e sacrificio. Valores que están sendo aplicados polos nenos no deporte que aman e que seguro serán adaptados na súa vida cotidiá. Por eso hai que estar orgullosos de todos eles. Noraboa campeóns!

Para apuntarse na canteira do FC Camariñas poden facelo chamando ao 600872463

Comezaba o partido as 12:00 horas baixo un semblante que ameazaba choiva, os rapaces de ámbolos dous equipos saían ao céspede alegres despois duns intensos adestramentos, entón o árbitro da contenda iniciaba o choque das dúas escolas de fútbol. Adiantábanse os pupilos de Luis de Kecha despois de que o Carnota tivera varias ocasións que non conseguíu materializar. Pouco despois volvía a golpear o Camariñas con outro gol antes do descanso que levaría aos nosos a relaxarse un pouquiño despois do intermedio. Aínda así foron quen de anotar outro tanto no marcador que resolvía definitivamente o partido, aínda que os de Carnota, moi traballadores e aplicados, tiñan cousas que dicir no campo e, cos nenos do FC Camariñas xa moi cansados polo esforzo realizado, foron quen de marcar dous goles aos nosos que meteron o medo no corpo e espabilaron un pouquiño aos nenos do Camariñas. Finalmente os nosos chegaban ao remato do partido coa victoria no peto por 3 goles a 2.  Este domingo 5 de novembro os benxamíns camariñáns deberán trasladarse ata terras da Serra de Outes para enfrontarse ao equipo local ás 12:00 horas. Pero eso contarémolo noutra crónica. Para celebrar esta primeira victoria dos nosos nenos dende Camarinas.eu queremos agasallalos cun extenso video do que acontecío este xa histórico mércores 1 de novembro de 2017. Data histórica no que os benxamíns do FC Camariñas conseguían a primeira victoria da súa historia.

Engadir un comentario