1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Non fui o día do Camariñas o deste partido contra o Zas. E é que hai días que parece que todo sae mal e este domingo no Estadio Municipal Hermanas Patiño foi un deses. Ainda así os nosos xogadores traballaron a reo todo o partido e seguiron loitando ata que o colexiado pitou o final. Así pois cabe decir xustificadamente que os de Zas foron xustos vencedores do encontro. Adiantábase o Sporting Zas nos primeros minutos do partido, e ao pouco o porteiro visitante paraba un xusto penalti a Javi, que pudo cambiar o partido drásticamente e balancealo cara o casilleiro do FC Camariñas pero pouco despois de fallar esta pena máxima o Zas arroxaba unha erra de auga fría polas aspiracións dos camariñáns anotando outro tanto na conta visitante. 

Chegábase ao descanso entón cun desfavorable 0 a 2 e despois deste os nosos saíron a por todas dispostos a obrar a milagre e conseguir a remontada no segundo tempo. E as cousas comezaban ben cando marcaba para os camariñáns o xuvenil da casa Joseba que acortaba distancias e poñía o marcador cun esperanzados 1 a 2. Pero todo se ven finalmente abaixo nun erro da defensa que fixo que os de Zas marcaran o 1-3.

E ainda que os nosos chavales o intentaron sin desfalecer nin un minuto chegamos o final do partido ca propina de outro goliño máis que se atopaba o Sporting Zas cando o FC Camariñas estaba a por todas. Finalizaba así un encontro para olvidar máis polo resultado final que polo derroche de traballo e empuxe que os rapaces do FC Camariñas lle puxeron a pesar das adversidades. Na próxima xornada o FC Camariñas enfrontarase a un enfurruñado Baiñas que se verá si a súa posición na taboa clasificatoria é mera coincidencia ou non. Alí estaremos nos para contárvolo.

Resultados da Escola de Fútbol do FC Camariñas

Xuveniles : FC Camariñas 2 - 0 xallas
Cadetes : SD Esteirana 4 - 3 FC Camariñas
Benxamín : FC Camariñas 3 - 2 EFC Carnota

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.