1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pois no balonmán tampouco houbo moita fortuna para os nosos e tan só os chavales da categoría cadete eran quen de traer dende terras de Arteixo unha importante victoria que os afianza máis no cumio da táboa clasificatoria da liga provincial. O resto de representantes colleitaban sendas derrotas todas a domicilio a esceptción das guerreiras do Encaixe que, a pesar de dalo todo no campo non foron quen de superar a un indómito Carballal. Vamos Boya!

CORRETI LALÍN 26- 15 BM CAMARIÑAS - A xornada deportiva co Club Balonmán Camariñas comezaba Sábado cos partidos dos cadetes,o equipo femenino desprazabase ata lalin nunha nova xornada da liga de Division de Honor,non tiveron sorte,nun mal partido as nosas nenas e perdian diante dun rival directo polo titulo. 

ARTEIXO BALONMÁN 17 - 19 BM CAMARIÑAS - A mesma hora os nosos cadetes viaxaron ata Arteixo para disputar o seu encontro na liga provincial,donde demostraron a sua calidade de lideres da competicion e gañaban nun gran encontro.

VILATRADE BM. LAVADORES 32 - 27 BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA - Na tarde do Sabado o equipo senior de Primeira Nacional desprazouse a Vigo para enfrontarse a revelacion da liga,o Lavadores,donde nun pesimo inicio de encontro,lastrou todo partido para os nosos chavales,ainda que mediada a segunda parte acercaronse o marcador,unhas discutidas decisions arbitrales enterraron as opcions dos nosos. Destacar que este vindeiro Sabado os nosos disputaran o primeiro derbi da tempada contra o OAR de Coruña as 18:30 no Pavillon Municipal de Ponte do Porto.

ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 17 - 22 A.D. CARBALLAL - Xa o Domingo desprazábanse ata Ponte do Porto na segunda autonomica o Carballal, lider destacado da categoria, donde as nosas guerreiras derono todo e loitaron ata o final, pero a diferencia de plantillas decantou o partido de cara as pontevedresas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.