Xornada na que os chavales e chavalas do cClub Balonmán Camariñas tiveron dispares resultados. Mentras as categorías senior do CB Camariñas colleitaban sendas derrotas as categorías inferiores cadete gañaban os seus partidos por abultados marcadores. Esta fin de semana as rapazas do Encaixe recibirán ao Carballal no Pavillón Municipal da Ponte do Porto. Os senior masculino desprazaranse ata as devastadas terras viguesas onde xogarán nun complicado campo do Lavadores. No que atinxe ás categorías cadetes, os rapaces da canteira enfrontaranse ao Arteixo e as féminas trasladaranse ata Lalín para enfrontarse ao Cortei. A continuación reproducimos os resultados do acontecido nesta fin de semana do balonmán en Camariñas.

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA:

1ª Nacional - BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 24 - 34 OCTAVIO
2ª Autonómica Femenina - GOLDIE XIRIA 23 - 21 ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA
Cadete Masculino - BM CAMARIÑAS 30 - 13 BALONMANO ATLÁNTICO
Cadete Femenino - SEIS DO NADAL COIA 15 - 30 BM CAMARIÑAS / BM CAMARIÑAS 24 - 22 BM CANGAS

Engadir un comentario